San Xoán de Moeche, Moeche

parroquia civil do concello de Moeche

San Xoán de Moeche é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2018 tiña 353 habitantes (190 mulleres e 163 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 415 habitantes.

San Xoán de Moeche
Igrexa de San Xoán de Moeche.
ConcelloMoeche[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°33′13″N 8°00′44″O / 43.5536, -8.0123Coordenadas: 43°33′13″N 8°00′44″O / 43.5536, -8.0123
Poboación353 hab. (2018)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Patrimonio editar

  • Igrexa parroquial de San Xoán de Moeche, está datada do século XIX.
  • Peto de ánimas na igrexa parroquial de San Xoán. Labrado en madeira, créese que é orixinal do século XVIII.
  • Capela de San Ramón. É un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave, presbiterio e sancristía, situado en San Ramón, parroquia de San Xoán de Moeche. No seu interior destacan os arcos de medio punto apoiados sobre pilastras, que soportan seu teito de madeira, e a imaxe de San Ramón, situada no oco central do retablo barroco do seu altar maior. Na entrada de dita capela encóntrase un cruceiro datado de finais do século XIX.
  • Castro de Forxao. Este castro tamén chamado "A Costeira", é de planta rectangular, e encóntrase protexido por unha muralla e por un terraplén que circunda a muralla (este é tamén o sistema de defensa do castelo de Moeche), a parte accesible do castro encóntrase en bo estado de conservación.

Feiras editar

En San Xoán de Moeche celébranse dúas feiras ao mes, os días 11 e 23 no campo da feira.

O 23 de abril de cada ano ten lugar unha feira no campo de San Ramón de Moeche, onde tamén hai carreiras de cabalos.

Festas editar

  • San Ramón: celébrase na capela de San Ramón o 31 de agosto de cada ano, aínda que desde algúns anos non se celebra por falta de actividade por parte dos veciños.
  • San Xoán: na capela de San Xoán o 24 de xuño de cada ano, aínda que desde algúns anos tampouco se celebra por falta de veciños colaboradores.
  • Balocos: Festa celebrada todos os anos en setembro, empezou a facerse hai pouco tempo xa que antes celebrábase a festa de Balocos conxuntamente coa de San Ramón.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Xoán de Moeche editar

Lugares da parroquia de San Xoán de Moeche no concello de Moeche (A Coruña)

Balocos | Beleiriz | Bouza | O Camiño | Casabranca | Casalousada | Casanova de Vilar | Corveira | Costeira | Forxao | Outeiro | Pardiñas | Petaño | Petón | Piagolongo | Piñeiro | Ramil | Riovello | San Ramón | Seoane Novo | Seoane Vello


Parroquias de Moeche editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche

Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar