Abade, Moeche

parroquia civil do concello de Moeche

Santiago de Abade[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 271 habitantes (137 mulleres e 134 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Abade
Igrexa de Santiago de Abade.
ConcelloMoeche[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°34′43″N 7°59′48″O / 43.5786, -7.9968
Poboación271 hab. (2018)
Entidades de poboación18[1]
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Cedeira e á provincia de Betanzos. En 1826 tiña 284 habitantes[2], e en 1846 tiña 189[3]. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A igrexa está situada no lugar de Leboreiro. Ten planta rectangular dunha soa nave con sancristía. O presbiterio é abovedado, con dous pequenos contrafortes no exterior, e está separado da nave por un arco de triunfo.[4] En 1846 a igrexa era anexa á de Labacengos.

A parroquia está atravesada pola estrada AC-862 (antiga C-642).

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Abade

editar
Lugares da parroquia de Abade no concello de Moeche (A Coruña)

Canosa | Casanova | O Coto | Finlle | Fontepécora | Gangoavella | Gundiao | Leboreiro | Louridos | Mil de Abaixo | Mil de Arriba | Monte | Peneiro | Seixo | Trieiro | Valdixe | Vilariño | Xanfero

Parroquias de Moeche

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche

Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar