Abrir o menú principal

Vilaboa, Valdoviño

parroquia do concello de Valdoviño

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilaboa
Igrexa de Vilaboa.JPG
Igrexa de San Vicente de Vilaboa
ConcelloValdoviño
Área11,8 km²
Poboación182 hab. (2017)
Densidade15,42 hab./km²
Entidades de poboación22

Outros datosEditar

Hai un campo de fútbol denominado O Lameiro onde disputa os partidos o C.D. Rosalía de Vilaboa. Tamén hai unha pista polideportiva ao seu carón.

Nesta parroquia atópase unha base do Grupo de extinción de incendios e tamén unha Cooperativa.

Celébrase a festa de San Vicente (patrón da parroquia) o 24 de maio. Tamén se celebra nesta parroquia cada ano a Festa da Muiñeira.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar