Lago, Valdoviño

parroquia civil do concello de Valdoviño

Santiago de Lago é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño, na comarca histórica de Trasancos. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.139 habitantes (586 mulleres e 553 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.054 habitantes. Conta cunha superficie de 11,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lago
Igrexa de Santiago de Lago
ConcelloValdoviño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°35′38″N 8°09′50″O / 43.5939, -8.1639
Área11,8 km²
Poboación1.085 hab. (2019)
Densidade91,95 hab./km²
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A orixe do nome venlle dado por ser nesta parroquia a lagoa da Frouxeira, incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e considerada Zona Húmida de importancia Internacional polo Convenio de Ramsar.

A igrexa de Santiago de Lago é un templo de estilo barroco levantado no século XVIII, con planta rectangular, dúas capelas laterais, ábsida e sancristía. Na súa fachada principal, merece especial atención o fornelo sito sobre a súa portada, coa imaxe do Santo e, no seu interior, sito no seu altar maior, gárdase un retablo barroco.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Lago

editar
Lugares da parroquia de Lago no concello de Valdoviño (provincia da Coruña)

O Barreiro | A Bouza da Cabra | Broño | O Canteiro | Castido | O Castro | Fraguizón | Lanzós | A Lóngara | Mosende de Abaixo | Mosende de Arriba | O Muíño | O Outeiro | Pazos | A Pena | O Penido | Poi | Santo André | Soutullo | A Torre | Viansil | O Vilar de Lago


Parroquias de Valdoviño

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Valdoviño

Lago (Santiago) | Loira (San Pedro) | Lourido (San Bartolomeu) | Meirás (San Vicente) | Pantín (Santiago) | O Sequeiro (Santa María) | Valdoviño (Santalla) | Vilaboa (San Vicente) | Vilarrube (San Martiño)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar