Abrir o menú principal

Pantín, Valdoviño

parroquia do concello de Valdoviño

Santiago de Pantín é unha parroquia situada no norte do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 612 habitantes (317 mulleres e 295 homes) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 626 habitantes. Ten unha superficie de 13,1 km², cunha densidade de 46,71 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Pantín
Igrexa de Pantín.JPG
Igrexa de Santiago de Pantín
ConcelloValdoviño
Área13,1 km²
Poboación562 hab. (2017)
Densidade42,9 hab./km²
Entidades de poboación35

PatrimonioEditar

A igrexa de Santiago de Pantín é un templo de estilo ecléctico con planta de cruz latina, unha soa nave, presbiterio e dúas capelas laterais. Na súa fachada principal, á que se atopa acaroada a unha das súas bandas unha torre campanario de planta cadrada e coroada por unha cúpula, destaca, sita sobre a súa portada, un fornelo coa imaxe de Santiago. No seu interior gárdanse, sitos nas súas capelas laterais, retablos neogóticos.

SurfEditar

No mes de setembro celébrase o Pantín Classic, unha proba válida para o campionato mundial de surf na praia homónima da parroquia.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar