Vilarrube, Valdoviño

parroquia civil do concello de Valdoviño

San Martiño de Vilarrube é unha parroquia situada no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 323 habitantes (153 mulleres e 170 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 363 habitantes. Ten unha superficie de 6,2 km², cunha densidade de poboación de 52,1 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilarrube
Igrexa de San Martiño de Vilarrube.
ConcelloValdoviño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°37′51″N 8°04′15″O / 43.6307, -8.0707
Área6,2 km²
Poboación319 hab. (2019)
Densidade51,45 hab./km²
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa de San Martiño de Vilarrube atópase localizada sobre unha ladeira, arrodeada de árbores no lugar de Adro. É un templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave cuberta con bóveda de canón, ábsida, dúas capelas laterais e sancristía. Destaca pola cor branca da súa fachada, que presenta unha torre campanario de planta circular e rematada por unha cúpula. Merece especial mención o retablo neogótico do seu altar maior, coas imaxes da Sagrada Familia e de San Martiño, patrón da igrexa.

O pazo de Vilarrube atópase sito nos arredores da igrexa de San Martiño, sobre o cumio dun monte dominando toda a enseada de Esteiro. É un edificio de grandes dimensións e planta irregular fundado polas familias Piñeiro e Maseda, cuxos escudos consérvanse na súa fachada. Merecen especial mención os xardíns que arrodean todo o edificio e a pequena ermida sita no seu interior, que garda un interesante retablo barroco. Na actualidade, é de propiedade privada, non podendo ser visitado.

A ponte de Porto do Cabo foi construída na época medieval e utilizada dende as súas orixes para salvar o río Porto do Cabo, de aí o seu nome. Posúe dous arcos de medio punto, un deles de menor medida, utilizado nos medres do río.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Vilarrube

editar
Lugares da parroquia de Vilarrube no concello de Valdoviño (provincia da Coruña)

O Adro | Arnela | A Atalaia | O Bacelar | As Campeiras | O Campón | A Capela | O Castro | Cotelo | A Escola | As Ferrerías | O Folgar | As Folgueiras | A Fonte Grande | Freixeiro | Ianes | Liñeiro | O Patronato | A Pena | A Porta da Pía | O Porto de Abaixo | O Porto de Arriba | O Puntal | Quengo | O Ribeiro | As Torrentes | Vila Herminia | Vilelas


Parroquias de Valdoviño

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Valdoviño

Lago (Santiago) | Loira (San Pedro) | Lourido (San Bartolomeu) | Meirás (San Vicente) | Pantín (Santiago) | O Sequeiro (Santa María) | Valdoviño (Santalla) | Vilaboa (San Vicente) | Vilarrube (San Martiño)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar