Iago Caamaño

piloto galego de rally

Iago Caamaño Figueira, nado en Culleredo o 4 de abril de 1977,[1] é un piloto galego de rally, que compite no Campionato de Galicia de Rally.

Infotaula de personaIago Caamaño
Biografía
Nacemento4 de abril de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Culleredo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Caamaño Louro Editar o valor em Wikidata

Foi subcampión galego en 2016 e 2020, e terceiro en 2017 e 2019. É fillo do empresario e expiloto José Caamaño, cofundador do Grupo Caamaño.

Traxectoria editar

Inicios (2005-2015) editar

 
Porsche 997 GT3 de Iago Caamaño e Alberto Rodríguez no Rally Rías Baixas de 2015

Comezou competindo en autocross, disputando o campionato galego e proclamándose campión en 2007 a bordo sun Semog, na categoría de Car Cross 600cc.[2] En 2010 gañou o Campionato de España de Car Cross.[3][4] Ao ano seguinte quedou sexto no seu último ano na especialidade,[5] antes de pasarse aos rallys.[1]

En 2012 e 2013 disputou varios rallys do Campionato de Galicia e do Campionato de España cun Ford Fiesta R2, logrando como mellor resultado un 15º posto no Rally Botafumeiro de 2012.[6] Comezou con José Antonio Pintor como copiloto, correndo máis tarde con Nicolás Cernadas e Javier Varela. Empezou 2014 no Rally Concello de Curtis, do Nacional de Terra, onde tivo que abandonar, e a continuación disputou varios rallys do nacional de asfalto, cun décimo posto no Rally do Bierzo como mellor resultado.[7] En 2015, cun Porsche 997 GT3, alternou o nacional co galego,[8] logrando mellores resultados como un 5º posto no Rally da Coruña[9] ou un 6º no Rally Ourense-Ribeira Sacra.[10] Nesa tempada comezou a correr co copiloto Alberto Rodríguez ao seu carón, co que continúa a día de hoxe.

Subcampión de Galicia (2016-actualidade) editar

 
Iago Caamaño e Alberto Rodríguez no Rally Eurocidade Tui-Valença de 2016

Disputou a tempada 2016 do campionato galego cun Ford Fiesta R5 e comezou logrando o seu primeiro podio na primeira proba, o Rally de Noia, cun terceiro posto, por detrás de Iván Ares e Alberto Meira.[11] A continuación conseguiu tres segundos postos consecutivos nos tres seguintes rallys (Cocido, Eurocidade Tui-Valença e Cidade de Narón). Na seguinte proba, o Rally Sur do Condado, tivo que abandonar ao sufrir unha saída de pista no terceiro treito, en Ponteareas.[12] Volveu ao podio nas dúas seguintes citas, o Rally San Froilán (3º) e o Rally Ourense-Ribeira Sacra (2º). Co anuncio da anulación do Rally da Coruña, Alberto Meira gañou matematicamente o título, polo que Caamaño decidiu non participar xa na restante proba, o Rally Comarca da Ulloa, finalizando deste xeito a tempada como subcampión.[13] Ademais do galego, competiu tamén ese ano en dous rallys do nacional, o Rally de Ferrol e o Rally Princesa de Asturias, rematando en 6º e 11ª posición respectivamente.[14][15]

 
Accidente de Iago Caamaño no Rally Sur do Condado de 2016

Na tempada 2017 mantivo unha gran regularidade durante toda a competición e non baixou do podio en ningunha das seis primeiras carreiras: segundo na Coruña, Narón, Sur do Condado e Ourense-Ribeira Sacra e terceiro no Cocido e en Noia. No penúltimo rally da tempada, o San Froilán, quedou en cuarta posición, colocándose terceiro nunha axustada clasificación xeral do campionato, a 77 puntos de Alberto Meira (2º) e a 131 do líder, Víctor Senra. Con todo, o Rally Comarca da Ulloa, última proba do calendario, foi suspendido, polo que as posicións xa non se moveron.[16] Tamén participou no Rally Villa de Llanes, do nacional, acabando en oitava posición.[17]

 
Ford Fiesta R5 de Iago Caamaño no Rally San Froilán de 2017

No primeiro rally da tempada 2018, o Rally da Coruña, non puido asistir o seu copiloto habitual, Alberto Rodríguez, polo que acudiu con Antonio Solórzano. Aínda que chegou a liderar brevemente a proba rematou finalmente en terceira posición, por detrás de Iván Ares e Víctor Senra.[18] A mediados de marzo disputou o Rally do Cocido, proba do Campionato de España, onde mantivo unha loita pola segunda praza co cinco veces campión de España, Miguel Fuster, pero a rotura do radiador do seu Ford Fiesta fíxoo abandonar a competición.[19] A mediados de abril correu o Rally de Noia, que se converteu nun man a man baixo a chuvia entre Caamaño e Víctor Senra, sendo a vitoria finalmente para Caamaño que deste xeito logrou subir por primeira vez ao máis alto do podio nun rally.[20] Ademais colocouse líder do campionato.[21] Disputou a continuación o Rally Rías Baixas, onde unha picada de roda o relegou á 18ª posición final, a pesar de marcar o mellor tempo en seis dos sete treitos disputados.[22] Volveu ao podio en Narón, na cuarta proba do calendario galego, quedando segundo a pouco máis dun segundo do vencedor, Víctor Senra.[23] Chegou ao Sur do Condado empatado a puntos con Senra no liderado do campionato, pero unha saída de pista impediulle rematar a carreira, que foi gañada por Alberto Meira e con Senra segundo.[24] Subiu ao podio nas dúas seguintes citas, o Botafumeiro (3º)[25] e o Ourense-Ribeira Sacra (2º),[26] mentres que tanto el como Meira tiveron que abandonar no Rally San Froilán, asegurándose así matematicamente Víctor Senra o seu segundo título autonómico a falta do Comarca da Ulloa,[27] ó que xa non acudiron nin el nin Caamaño.[28] Rematou a tempada en cuarta posición.

 
Celebración de RMC Motorsport no Rally Botafumeiro de 2018, con Víctor Senra, David Vázquez, Iago Caamaño e Alberto Rodríguez

No Rally da Coruña de 2019, primeira proba da tempada, rematou en terceira posición por detrás de Iván Ares e Víctor Senra, mentres que unha avaría mecánica deixouno fóra no Rally de Noia.[29] No Rías Baixas quedou en cuarta posición, a máis dun minuto de Senra, vencedor da proba.[30] En xuño disputou o Rally Cidade de Narón, onde a pesar de comezar en terceira posición, conseguiu subir rapidamente á primeira, da que xa non se moveu até a meta. Esta vitoria produciuse 30 anos despois de que seu pai, José Caamaño, lograse subir tamén ao máis alto do podio na segunda edición do rally.[31] No Rally Sur do Condado perdeu unha roda e tivo que abandonar este rally por terceira vez.[32] Comezou liderando o Rally Botafumeiro, pero Víctor Senra non tardou en quitarlle o primeiro posto e gañar por sétima vez a proba santiaguesa, con Caamaño segundo.[33] Sufriu outros dous abandonos nas seguintes carreiras: no Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra saíu da estrada no último tramo, cando ía terceiro.,[34] mentres que no San Froilán quedou fóra por problemas mecánicos,[35] perdendo as opcións para o subcampionato.[36] Con todo, conseguiu o triunfo no 1º Rally Mariña Lucense, onde correu cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal,[37] e rematou en terceira posición o campionato.[38] Tamén en 2019 disputou varias probas fóra de Galicia como o Rallysprint de La Mencía, onde quedou 2º,[39] o Rally Sierra Morena, do Campionato de España, quedando 6º,[40] o Rally Cangas del Narcea, do campionato asturiano (3º)[41] ou o Rally Ribamontán al Mar-1000 Cruces, do campionato cántabro (2º).[42] Nos dous últimos utilizou o seu novo Ford Fiesta R5 MkII, que mercou ao campión de España Luis Monzón para disputar a seguinte tempada.

A principios de febreiro de 2020 disputou o 27º Rally do Bierzo, onde volveu subir ao podio, por detrás de Surhayen Pernía e Félix Macías.[43] Tres semanas despois arrancou a tempada 2020 do campionato galego, coa celebración do 24º Rally da Coruña. Víctor Senra comezou dominando na sesión matinal por diante de Caamaño,[44] pero xa na tarde Caamaño marcou o mellor tempo nos treitos 4 e 5 recortando diferenzas, e colocouse líder tras a disputa do sexto treito, con 19 segundos de vantaxe sobre Senra, aproveitando os problemas mecánicos deste.[45] Con todo, Senra solucionou os seus problemas e comezou a recortar distancia con Caamaño, poñéndose a 12 segundos a falta do último treito.[46] Finalmente o piloto de Dumbría foi capaz de culminar a remontada e vencer a Caamaño nun final moi axustado, por só 159 milésimas.[47]

Palmarés editar

Resultados do Campionato de Galicia editar

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos
2012 A. Ferrol Ford Fiesta R2 COC RDN ULL CDN
Ret
SDC
Ret
LUG RBS
18
BOT
15
-
2013 Ford Fiesta R2 SDG RDC
Ret
RDN
15
ULL CDN SDC BXL LUG RBS -
2015 Berberecho Porsche 997 GT3 RDC NOI
12
EUR NAR SDC COR
5
CDU SFR RBS
6
-
2016 Lalín-Deza Ford Fiesta R5 RDN
3
COC
2
TVA
2
CDN
2
SDC
Ret
LUG
3
RBS
2
ULL
1230
2017 Lalín-Deza Ford Fiesta R5 COR
2
COC
3
RDN
3
CDN
2
SDC
2
RBS
2
LUG
4
1215
2018 Lalín-Deza Ford Fiesta R5 COR
3
RDN
1
RBX
18
CDN
2
SDC
Ret
BOT
3
RBS
2
LUG
Ret
ULL
1079
2019 Lalín-Deza Citroën C3 R5 COR
3
RDN
Ret
RBX
4
CDN
1
SDC
Ret
BOT
2
RBS
Ret
LUG
Ret
MAL
1
1041
2020 Lalín-Deza Ford Fiesta R5 MkII COR
2
LUG
5
MAL
4
203

Resultados do Campionato de España editar

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Posición Puntos
2012 A. Ferrol Ford Fiesta R2 CNR CAN RBX ORN FRR
20
PRA VLL SRM RCM
2013 Rias Baixas Ford Fiesta R2 CNR CAN RBX
27
61º 5
La Coruña ORN
Ret
FRR
Ret
PRA VLL
Ret
RCM
18
2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 CNR SRM RBX
13
ORN BIE
10
FRR PRA VLL
18
CAN RCM 29º 26
2015 RMC Motorsport Porsche 997 GT3 VDA CNR SRM
12
RBX
27
OUR
Ret
FRR
9
PRA VLL
9
RCM
Ret
17º 39
2016 Lalín-Deza Ford Fiesta R5 CNR VDA SRM FRR
6
CAN ORN PRA
11
VLL MED RCM 22º 32
2017 Lalín-Deza Ford Fiesta N5 SRM CNR VDD ORN FRR PRA VLL
8
CAN MED RCM 42º 17
2018 Lalín-Deza Ford Fiesta R5 COC
Ret
SRM CNR VDA ORN FRR PRA VLL CAN MED RCM 32º 19
2019 RMC Motorsport Ford Fiesta R5 SRM
5
CNR VDA ORN COC FRR PRA VLL CAN MED RCM 25º 28

Resultados do Campionato de España de Rally de Terra editar

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 Posición Puntos
2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 LOR CUR
Ret
AND BIE
23
CER
22
RIO 46 1

Resultados do Campionato do Mundo editar

Ano Equipo Vehículo 1 Posición Puntos
2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 CAT
53
- 0

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ficha en Revista Safetycar". www.revistasafetycar.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "Anuario Autocross FGA 2020" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  3. "Anuario RFEDA 2010" (PDF). Real Federación Española de Automobilismo (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  4. "La Real Federación Española de Automovilismo celebró su Gala de Campeones" (en castelán). 17 de decembro de 2010. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  5. "Anuario RFEDA 2011" (PDF). Real Federación Española de Automobilismo (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  6. "Clasificación Rally Botafumeiro de 2012". EWRC (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  7. "Clasificación Rally do Bierzo de 2014". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  8. "Iago Caamaño: "Este va a ser un año de transición y de aprendizaje"" (en castelán). 3 de marzo de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  9. "Clasificación Rally da Coruña de 2015". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  10. "Clasificación Rally Ourense-Ribeira Sacra de 2015". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  11. Hermida Cachalvite, Andrés (9 de abril de 2016). "Iván Ares inicia el Campeonato gallego de rallys con un triunfo en Noia". La Región (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  12. Hermida Cachalvite, Andrés (10 de xullo de 2016). "Alberto Meira logra la victoria en el Rally Sur do Condado". La Región (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  13. "Iago Caamaño no estará en la Ulloa" (en castelán). 17 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  14. "47 Rallye de Ferrol". www.atodomotor.com. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  15. "El Rallye Princesa de Asturias 2016 no defraudó a nadie, tampoco a RMC Motorsport" (en castelán). 14 de setembro de 2016. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  16. "El Rally Comarca da Ulloa, suspendido". La Región (en castelán). 7 de decembro de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  17. "Iván Ares impone su ley en el Rally de Llanes". La Región (en castelán). 1 de outubro de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  18. "Ivan Ares y José Pintor, ganadores de la 22ª edición del Rally de A Coruña" (en castelán). 24 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  19. "Rallye do Cocido 2018: Iván Ares comienza la temporada ganando en Lalín" (en castelán). 18 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  20. "Iago Caamaño impuso su ley en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de abril de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  21. Otero, Rubén (16 de abril de 2018). "Iago Caamaño estrena su casillero en Noia y ya es líder del campeonato" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  22. "Manuel Fernández, ganador del Rías Baixas" (en castelán). 12 de maio de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  23. "Vitoria axustada de Víctor Senra no Rally de Narón". TVG. 23 de xuño de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  24. Hermida Cachalvite, Andrés (8 de xullo de 2018). "Meira gana un Rally Sur do Condado teñido de luto". La Región (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  25. "Grave accidente de dos participantes en uno de los tramos del rally". Faro de Vigo (en castelán). 26 de agosto de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  26. "Víctor Senra ratifica su liderato en tierras ourensanas". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  27. "Víctor Senra, campeón gallego de ralis". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  28. "El Comarca da Ulloa despide el Gallego con las copas en juego" (en castelán). 16 de novembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  29. "Víctor Senra y Moncho López logran la victoria en el XXXV Rali de Noia 2019" (en castelán). 6 de abril de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  30. Hermida Cachalvite, Andrés (19 de maio de 2019). "Senra se lleva el Rías Baixas". La Región (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  31. Valencia, José (16 de xuño de 2019). "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  32. "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  33. "Víctor Senra gana el Rali Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  34. "Victoria y título para Víctor Senra en el Rally Ribeira Sacra". La Región (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  35. "Alberto Meira domina en el Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  36. "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  37. "Iago Caamaño con un Polo R5 en el Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  38. "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  39. "Félix Macías se lleva el Rallysprint de la Mencía" (en castelán). 23 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  40. "Iago Caamaño y Daniel Marbán, quinto y sexto en Sierra Morena" (en castelán). 27 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  41. "Ordóñez vence en Cangas y Mora gana el Regional" (en castelán). 8 de decembro de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2020. 
  42. "Pablo Fernández se impuso en el XV Rally Ribamontán al Mar" (en castelán). 28 de decembro de 2019. Consultado o 3 de marzo de 2020. 
  43. "Ponferrada corona a Surhayen Pernía y Laura Salvo como campeones del Rallye del Bierzo 2020" (en castelán). 8 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2020. 
  44. "Víctor Senra lidera el Rally de A Coruña tras la primera sección" (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  45. "Tempos tras a segunda pasada" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  46. "¡Por solo una décima! Víctor Senra gana el Rali de A Coruña por un suspiro después de 90 kilómetros cronometrados". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  47. Gómez Cundíns, Pablo (29 de febreiro de 2020). "Víctor Senra se lleva el rali de A Coruña por una décima de segundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar