Rally de Noia de 2019
O Rally de Noia de 2019 foi a 35ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 5 e o 6 de abril e o vencedor foi Víctor Senra.
RaliNoia 2019 | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | ![]() |
Organizador | Escudería Berberecho |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 9 |
Distancia tramos | 90,5 km |
Gañadores | |
Piloto campión | ![]() |
Equipo campión | ![]() |
Participantes | |
Pilotos | 153 |
Anterior | Rally de Noia de 2018 |
Seguinte | Rally de Noia de 2020 |
Itinerario editar
Constou de tres días de competición, iniciándose na tarde-noite do venres cun tramo urbano nas inmediacións do parque pechado, situado en Labarta. O sábado corréronse catro tramos a dobre pasada, dous pola mañá (Culou e Mazaricos) e outros dous pola tarde (Outes e Montemuiño).[1][2]
Inscritos editar
O número de inscritos superou os 150, entre os que destacaban os campións galegos Víctor Senra, seu pai Manuel Senra, Alberto Meira e Luis Vilariño, así como Iago Caamaño, Amador Vidal, Tino Iglesias, o portugués Ricardo Costa ou o campión mundial de tríatlon Iván Raña, entre outros.[1][3]
Resumo editar
O piloto de Culleredo Iago Caamaño comezou liderando a proba tras o tramo do venres, por diante de Alberto Meira e Ricardo Costa. Porén as duras condicións meteorolóxicas do sábado provocaron un gran número de abandonos. Iago Caamaño tivo que abandonar dous quilómetros despois da saída por un problema coa bomba da auga,[4] sorte semellante á que correu Alberto Meira ao pararlle o coche na metade dun tramo.[5] Ao remate dos tramos da mañá Víctor Senra xa ocupaba a primeira posición, por diante de Ricardo Costa e Tino Iglesias. Con todo, na segunda pasada por Mazaricos, Senra saíuse da pista e perdeu 50 segundos, perdendo a primeira posición a favor de Ricardo Costa. Mais recuperou o liderado nos tramos da tarde, marcando o mellor tempo en todos eles e logrando a súa segunda vitoria no Rally de Noia, dous anos despois da primeira. Ademais colocouse primeiro no Campionato.[4] Por detrás chegou Ricardo Costa a 20 segundos de Senra e case dous minutos por riba do terceiro. A terceira praza estivo máis disputada, pasando por varias mans como as de Manolo Senra, Amador Vidal ou Tino Iglesias. Estes dous últimos víronse obrigados a abandonar tamén e Jorge Cagiao logrou subir ao podio en terceira posición, con Senra cuarto.[4]
Clasificación editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Meijome, Martín (29 de marzo de 2019). "Tramos, horarios, onboards y lista de inscritos Rali de Noia 2019" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "XXXV Rally de Noia 2019". www.gzrally.com (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Lista completa de inscritos" (PDF). TemposFGA. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Víctor Senra gana un duro XXXV Rali de Noia" (en castelán). 6 de abril de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Victor Senra consigue el triunfo en el Rali de Noia y lidera la clasificación en el campeonato gallego" (en castelán). 7 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Rally da Coruña |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 2019 |
Sucesor: Rally Rías Baixas |