Rally Rías Baixas de 2019

57.ª edición do Rally Rías Baixas


O Rally Rías Baixas de 2019 foi a 53ª edición de dita proba e o terceiro rally da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 e o 18 de maio e o vencedor foi Víctor Senra.

Modelo:Competición deportivaRally Rías Baixas de 2019
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Rías Baixas e Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición57  (2019) Editar o valor em Wikidata

2018 Editar o valor em Wikidata
2020 Editar o valor em Wikidata

Itinerario

editar

Constou de 11 treitos que sumaron 110,05 km, coa novidade do regreso ao rally do treito polo Monte do Castro, co que se abriu a competición. Déronse dúas pasadas a dito tramo o venres (estando o parque pechado situado nos aparcadoiros da praia de Samil), mentres que o resto de treitos corréronse a tripla pasada o sábado, sendo estes Vigo-Monte Alba, Gondomoar-O Porriño e Salceda de Caselas.[1]

Inscritos

editar

Inscribíronse 152 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do bicampión de Galicia e líder do campionato, Víctor Senra, do campión do rally anterior, Manuel Fernández, o tres veces campión de Asturias Óscar Palacio, así como de Alberto Meira, Iago Caamaño, Ricardo Costa ou Luis Vilariño.[2][3]

Resumo

editar

Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición.[4][5] Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa.[6] Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio.[7][8]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 1h07:27.495
2   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h07:48.796
3   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 1h08:19.547
4   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 1h08:31.972
5   Manuel Fernández   Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 1h08:57.004
6   Óscar Palacio   José Luis Sánchez Ford Fiesta R5 Recalvi Team 1h10:15.633
7   Luis Vilariño   Alfredo Carballo Ford Fiesta N6 Lalín Deza 1h10:31.233
8   David González "Couceiro"   Gustavo Piris Ford Fiesta R5 Rías Baixas 1h10:53.831
9   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 1h11:08.501
10   Pablo Rey   Luis Hernández Suzuki Swift N5 A. Ferrol 1h11:45.810
11   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio R3 Evo Max Galicia Motorsport 1h12:17.015
12   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h12:33.056
13   Antonio Fernández   Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo VIII Miño-Lugo 1h12:38.637
14   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h13:03.880
15   Pedro Freire   Fernando Hermida Ford Fiesta Rías Baixas 1h13:14.217
16   Jorge Pérez Alonso   Ángel Pérez Alonso BMW M3 Barbadás 1h13:57.712
17   Joaquín Pérez   Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h14:43.343
18   Rubén López   Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h15:15.144
19   Javier Estévez   Pablo Gregorio Ford Fiesta R2 Surco 1h15:29.173
20   Hugo Martínez   Álvaro Vila BMW M3 E36 Desguaces Tino Racing 1h15:44.890
21   Diego Vila   Álex Alonso Citroën Saxo Dona Urraca 1h15:53.647
22   Celestino Iglesias Duarte   Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h16:04.202
23   Javier Andrade   José Cañas BMW 320i Rías Baixas 1h16:04.502
24   Isaac Durán   Hugo Varela Citroën Saxo 1.6 16V Surco 1h16:14.060
25   Alberto Nimo   José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo X Lalín-Deza 1h16:33.346
26   Fermín Sousa   Víctor Manuel González Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h16:33.377
27   Miguel Rodríguez   Roberto Páramos Ford Fiesta N5 Rías Baixas 1h16:48.179
28   Jorge Garnelo   Javier Martínez Peugeot 106 One Seven 1h17:01.984
29   Rubén Ojea   José Ramón Seoane Citroën C2 Rías Baixas 1h17:03.823
30   Alberto Alonso   Adrián Vázquez Peugeot 106 GTI Leiro Desguaces 1h17:08.580
31   Pablo Pazo   Sergio Martínez Suzuki Swift Sport Surco 1h17:12.208
32   Jacobo Campos   Cristian Campos Citroën Saxo Dona Urraca 1h17:45.996
33   Javier Bouza   José Antonio Vázquez Suzuki Swift Sport Copa A. Ferrol 1h17:57.995
34   Miguel Álvarez   José Luis Barcia Peugeot 206 XS Barbadás 1h18:01.549
35   Rubén Puime   Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 Pontevedra 1984 Team 1h18:12.028
36   José Manuel Lamela   Néstor Casal Suzuki Swift Sport Yacar Racing 1h18:41.125
37   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h19:07.723
38   Adrián Otero   Maikel Márquez BMW M3 Desguaces Tino Racing 1h19:45.776
39   Jorge Coca   Diego Vázquez Citroën C2 Carballiño 1h19:53.563
40   David Grandal   Javier Varela Suzuki Swift Sport Siroco Narón 1h20:24.798
  1. "Mapa do percorrido" (PDF). rallyeriasbaixas.com. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  2. "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  3. "Pistoletazo de salida al 53 Rallye Recalvi Rías Baixas" (en castelán). 16 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  4. "Hachazo de Ricardo Costa y tropiezo de Víctor Senra en el inicio del rali Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  5. "Clasificación venres" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  6. "Clasificación 3º tramo" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  7. "Víctor Senra gana el Rallye Rías Baixas con permiso de Alberto Meira" (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  8. "Senra se lleva el Rías Baixas". La Región (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Cidade de Narón