Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019

proba automobilística

O Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019 foi a 8ª edición de dito rally e a sexta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 20 e o 21 de setembro de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.

Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Nogueira de Ramuín
Ourense
Sober
OrganizadorEscudería Luíntra
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos10
Distancia tramos98,1 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Víctor Senra
Equipo campiónGalicia Yacar Racing
Participantes
Pilotos138
AnteriorRally Ourense-Ribeira Sacra de 2018
SeguinteRally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2020

Itinerario editar

Constou de dez treitos, comezando o venres cun tramo curto no Castro de Beiro, e disputándose o resto de treitos o sábado, sendo estes San Miguel-Luíntra, Canaval-Sober e Vilanova-Luíntra, con tres pasadas a cada un deles.[1] Esta foi a primeira vez que na que o rally incluíu tramos na provincia de Lugo.[2]

Inscritos editar

Inscribíronse 143 equipos, dos que finalmente foron autorizados a tomar a saída 136, destacando as presenzas dos favoritos, Víctor Senra, Alberto Meira e Iago Caamaño, así como outros pilotos de renome como Luis Vilariño, Tino Iglesias ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.[3] Víctor Senra chegou a este rally con grandes opcións de proclamarse por terceira vez campión de Galicia de Rally bastándolle cun cuarto posto para logralo.[4]

Resumo editar

Víctor Senra foi quen marcou o mellor tempo no primeiro treito, mentres que se repartiu con Alberto Meira os seguintes, chegando líder ao último, pero con menos de tres segundos sobre Meira.[4] Con todo, na última pasada do rally, Meira saíuse da pista e Senra alzouse coa vitoria. Iago Caamaño, que estaba asentado comodamente na terceira posición, tamén se saíu da estrada no último tramo, polo que finalmente subiron ao podio Jorge Pérez Oliveira (2º) e Luis Vilariño (3º).[5] Deste xeito Víctor Senra gañou por segunda vez o Rally Ribeira Sacra e proclamouse por terceira vez campión de Galicia de rally a falta de dúas probas por disputarse.

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 58:43.587
2   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h02:34.496
3   Luis Vilariño   Néstor Casal Citroën DS3 R5 Lalín Deza 1h02:35.629
4   Antonio Fernández   Alejandro López Peugeot 208 N5 Meira 1h03:12.835
5   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h03:18.149
6   Javier Martínez   Marcos Fernández Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h03:29.813
7   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h03:40.739
8   Celestino Iglesias Duarte   Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h04:22.653
9   David Rivas   Manuel Raído Citroën C2 RVS Motorsport 1h04:31.608
10   Santiago García   José Pintor Peugeot 208 R2 Senra Sport 1h04:32.811
11   Álvaro Pérez   Brais Mirón Peugeot 208 VTI R2 Santiago 1h04:39.842
12   Isaac Durán   Hugo Varela Peugeot 206 Surco 1h05:54.779
13   Jorge García   Carmen Borrajo Peugeot 106 Kit Car T. Martínez Racing 1h05:56.118
14   Diego Vila   Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h05:56.406
15   Marcos Díaz   Víctor López Ford Sierra Cosworth Sarria Motor 1h06:15.094
16   Domingo Molinos   Alejo Souto Peugeot 208 R5 Berberecho 1h06:30.428
17   Rubén Puime   Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h06:30.630
18   Iván Raña   Diego Rodríguez Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h06:31.090
19   Rubén López   Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h06:31.582
20   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h06:41.616
21   Raúl Martínez   Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h07:19.905
22   Fermín Sousa   Carmen González Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h07:46.388
23   Ramón Xosé Piso   José Rubén Nimo Peugeot 206 XS Berberecho 1h07:46.840
24   Pablo Gómez   Manuel Barreiro BMW 318 E30 Berberecho 1h07:57.697
25   Jon Rodríguez   Iago Rivas Ford Fiesta R2 +Taller Competición 1h08:05.560
26   Joaquín Pérez   Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h08:06.146
27   Luis Aragonés   Cuko Bañobre Renault Twingo R2 Evo Ourense 1h08:21.965
28   Pablo Blanco   Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h08:22.366
29   Miguel Alonso   Samuel Enríquez Seat Ibiza Cupra TDI Pontevedra 1984 Team 1h08:33.586
30   Daniel Anido   Adrián Núñez Citroën Saxo PTC Escuela 1h09:01.172
31   Álvaro Rodríguez   Sergio Vigo BMW M3 E36 Galicia Motorsport 1h09:08.654
32   Miguel Ángel Caeiro   Sergio Iglesias Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h09:09.393
33   Diego Félix   Javier Menor Peugeot 206 XS Ourense 1h09:25.444
34   José Luis García   María Villar Renault Clio Williams Senra Sport 1h09:28.535
35   José Cambeiro   José Gabriel González BMW E30 Galicia Motorsport 1h09:34.271
36   Jacobo Campos   Cristian Campos Citroën Saxo Dona Urraca 1h10:02.475
37   Diego González   Diego García Díaz Citroën Saxo VTS Moeche 1h10:04.615
38   Miguel Villares   Xosé Manuel Sobrado Peugeot 208 R2 Sarria Motor 1h10:12.141
39   Alberto González   Jesús Calvo Peugeot 206 RC Ourense 1h10:52.364
40   Diego Coto   Alejandro Vaqueiro Citroën Saxo MRT 1h11:04.239

Notas editar

  1. "8 Rally Ourense Lugo Ribeira Sacra 2019". GZRally. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. "[Guía] Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye Ribeira Sacra 2019". Pé Á Chapa Racing (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  3. "Autorizados a tomar a saída" (PDF). TemposFGA. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Víctor Senra gana su tercer campeonato gallego de ralis consecutivo" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  5. "Victoria y título para Víctor Senra en el Rally Ribeira Sacra". La Región (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally San Froilán