Rally San Froilán de 2020

42ª edición do Rally San Froilán

O Rally San Froilán de 2020 foi a 42ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse na provincia de Lugo o 17 de outubro de 2020 e os vencedores foron Víctor Senra e David Vázquez a bordo dun Škoda Fabia R5.[1][2]

42º Rally Recalvi-San Froilán
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónOuteiro de Rei
Friol
O Corgo
OrganizadorEscudería Miño Lugo
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos9
Distancia tramos104,34 km
Participantes
Pilotos127
AnteriorRally San Froilán de 2019
SeguinteRally San Froilán de 2021

Foi a primeira proba do campionato tras a interrupción de máis de medio ano provocada pola pandemia por coronavirus.[3]

Itinerario

editar
TC Nome Distancia Hora Gañador Tempo Líder
TC1 Outeiro de Rei 12,38 km 8:28   Víctor Senra 6:32.157   Víctor Senra
TC2 Friol 10,40 km 08:51   Alberto Otero 5:25.153
TC3 O Corgo 12 km 10:09   Víctor Senra 6:49.836
TC4 Outeiro de Rei 12,38 km 13:16   Francisco Dorado 6:34.285
TC5 Friol 10,40 km 13:39   Adrián Díaz 5:19.981
TC6 O Corgo 12 km 14:57   Iago Caamaño 6:47.676
TC7 Outeiro de Rei 12,38 km 18:04   Francisco Dorado 6:35.534
TC8 Friol 10,40 km 18:27   Alberto Meira 5:19.774
TC9 O Corgo 12 km 19:45   Alberto Meira 6:58.415

Inscritos

editar

Inscribíronse 127 equipos, entre eles 11 vehículos R5 e seis N5.[1] Destacaron as presenzas dos líderes do campionato Víctor Senra (Škoda Fabia R5), Iago Caamaño (estreando un Citroën C3 R5), Alberto Meira (Citroën DS3 R5), Alberto Otero (Hyundai i20 R5) e Óscar Palacio (cun novo Ford Fiesta MkII R5), ademais de Tino Iglesias (Ford Fiesta N5), Francisco Dorado (Volkswagen Polo GTI R5), Adrián Díaz (Ford Fiesta N5) ou o portugués Ricardo Costa (Hyundai i20 R5).[3]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   David Vázquez Škoda Fabia R5 Yacar Racing 56:40.324
2   Alberto Otero   Jordan Vázquez Hyundai i20 R5 Escudería Lalín-Deza 57:02.073
3   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 57:03.993
4   Francisco Dorado   Roi Torrente Volkswagen Polo GTI R5 Miño-Lugo 57:40.842
5   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Citroën C3 R5 Escudería Lalín-Deza 57:46.910
6   Ricardo Costa   Daniel Vilaça Hyundai i20 R5 RVS Motorsport 58:00.215
7   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Citroën DS3 R5 Galicia Motorsport 58:41.090
8   Diego Vila   Álex Alonso Renault Clio N5 Recalvi Team 59:09.118
9   Óscar Palacio   Mario González Ford Fiesta Rally2 Recalvi Team 59:16.930
10   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1:01:46.970
  1. 1,0 1,1 "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye San Froilán 2020" (en castelán). 9 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020. 
  2. Gómez Cundíns, Pablo (17 de outubro de 2020). "Víctor Senra aplica o rodete no San Froilán e encarrila o Campionato Galego de ralis". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Cachalvite, Andrés H. (15 de outubro de 2020). "El quién es quién de los 16 primeros vehículos inscritos en el Rally San Froilán". La Región (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2020
Sucesor:
Rally Mariña Lucense