Rally Botafumeiro de 2019

rally galego

O Rally Botafumeiro de 2019 foi a 27ª edición de dito rally e a sexta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 10 e o 11 de agosto de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.

Rally Botafumeiro de 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Santiago de Compostela
OrganizadorEscudería Compostela
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos11
Distancia tramos109,9 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Víctor Senra
Equipo campiónGalicia Yacar Racing
Participantes
Pilotos134
AnteriorRally Botafumeiro de 2018
SeguinteRally Botafumeiro de 2020

Itinerario editar

Constou de once treitos, comezando o venres nos arredores do Estadio de San Lázaro con dúas pasadas a un tramo espectáculo, e disputándose o resto de treitos o sábado, por Souto de Vea (A Estrada), Vedra e Aríns, con tres pasadas a cada un deles.[1][2]

Inscritos editar

Inscribíronse 134 equipos, destacando as presenzas do líder do campionato, Víctor Senra, e dos seus dous máximos rivais polo título, Alberto Meira e Iago Caamaño,[3][4] así como outros pilotos de renome como Luis Vilariño, Luis Penido ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.

Resumo editar

Iago Caamaño comezou liderando o venres nas dúas pasadas ao treito espectáculo de San Lázaro, pero xa no primeiro tramo do sábado Víctor Senra subiu ao primeiro posto da clasificación, que xa non abandonaría até o final da proba.[5] Marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos do sábado para rematar con máis de 35 segundos de vantaxe sobre Caamaño, segundo, e case dous minutos sobre o terceiro, o portugués Ricardo Costa.[6] Alberto Meira tivo que retirarse por problemas co embrague. Foi a sétima vitoria de Senra neste rally (a sexta consecutiva) e quedou a un paso do seu terceiro título autonómico, ao dobrar en puntos ao segundo.[5]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 1h08:55.993
2   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 1h09:31.935
3   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 1h10:53.487
4   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h13:31.304
5   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h13:41.551
6   Antonio Fernández   Alejandro López Peugeot 208 N5 Miño-Lugo 1h14:26.652
7   Luis Penido   Sergio Cancela Mitsubishi Lancer Evo VI Santiago 1h15:01.041
8   José Manuel Pazos   David Calvo Ford Fiesta R2 Cuntis V.T. 1h15:29.515
9   Celestino Iglesias Duarte   Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h15:31.364
10   Alberto Nimo   José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo X Lalín-Deza 1h16:26.069
11   Iván Raña   Javier Ramos Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h17:13.580
12   Joaquín Pérez   Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h17:25.082
13   Manuel Bouzas   Ángel Castro Renault Clio Sport Santiago 1h17:25.659
14   Marcos Díaz   Víctor López Ford Sierra RS Cosworth Sarria Motor 1h18:05.762
15   Raúl Martínez   Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h18:30.852
16   Daniel Gandoy   María Sueiras Peugeot 106 GTI Siroco Narón 1h18:53.142
17   Sergio Tabeayo   Eduardo Mosquera Citroën C2 GT Lalín-Deza 1h19:02.363
18   Francisco Pazos   Adriana Álvarez Citroën Saxo VTS Leiro Desguaces 1h19:04.705
19   Rubén López   Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h19:09.178
20   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h19:26.755
21   Aitor Pico   María José Chao Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h19:42.316
22   Diego Vila   Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h19:46.565
23   Rubén Puime   Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h19:53.911
24   Miguel Ángel Caeiro   Sergio Iglesias Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h20:06.689
25   Francisco Cotón   Esteban Rey Peugeot 106 GTI Lalín-Deza 1h20:26.880
26   Jesús Seoane   Unai Conde BMW 325i E30 Touro Motor 1h21:13.540
27   David González   Rubén Brea Peugeot 106 GTI Touro Motor 1h21:19.139
28   Marcos Maceiras   Manuel Raído Citroën Saxo VTS Cuntis V.T. 1h21:19.439
29   Jacobo Campos   Cristian Campos Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h21:32.736
30   Juan Carlos Sanmartín   José Luis Sánchez Mitsubishi Lancer Evo VIII Langreo Motor Club 1h21:47.267
31   Delfino Ramos   José Souto Citroën AX GTI Melide Motorsport 1h21:53.295
32   Diego Piñeiro   Francisco Piñeiro Peugeot 206 XS Berberecho 1h21:57.970
33   Antonio Pérez   Anxo Ramos Peugeot 206 RC Galicia Motorsport 1h22:17.623
34   Diego Cabanelas   Daniel Monteagudo Citroën C2 GT Desguaces Tino Racing 1h22:35.594
35   Javier Eiras   Álvaro García Citroën Saxo VTS Berberecho 1h22:48.019
36   Juan Carlos García   Rafael Portas Peugeot 106 GTI Congostra Team Sanxenxo 1h23:18.525
37   Diego González   Diego García Díaz Citroën Saxo VTS Moeche 1h23:41.439
38   Jorge Garnelo   Javier Martínez Peugeot 106 Sport One Seven 1h23:49.687
39   Brais García   Adrián Filgueira Citroën Saxo VTS Berberecho 1h23:49.855
40   Eduardo González   José Antonio Abal Ford Fiesta R2 Congostra Team Sanxenxo 1h23:51.727

Notas editar

  1. "Tramos, horarios, onboards y lista inscritos Rali Botafumeiro 2019". Pé Á Chapa Racing (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. "Más de 130 pilotos participarán en la XXVII edición del Rally Botafumeiro" (en castelán). 9 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  3. "Víctor Senra, rival a batir en el XXVII Rali Botafumeiro" (en castelán). 9 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  4. "Senra, Meira y Caamaño, favoritos en el Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Víctor Senra gana el Rali Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  6. "Clasificación final Botafumeiro 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Rally Sur do Condado
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Ourense-Ribeira Sacra