Jesús Seoane López

Jesús Seoane López, nado en Moaña e finado no mesmo concello o 19 de xaneiro de 1960,[1] foi un empresario e político galego.

Jesús Seoane López
Lugar de nacementoMoaña
Falecemento19 de xaneiro de 1960
Lugar de falecementoMoaña
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Moaña.[2] En 1929 foi elixido presidente do Liceo Casino de Moaña.[3] Foi presidente da Sociedad Unión de Armadores, Comerciantes y Patronos de Moaña.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois de que o alcalde José Carvajal Quiroga fora destinado ao servizo activo en novembro, foi nomeado alcalde de Moaña.

Vida persoalEditar

Casou en Moaña con María Trigo Costa en xaneiro de 1920.[5]

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 20-1-1960, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 21-12-1926, p. 6.
  3. El Pueblo Gallego, 10-2-1929, p. 19.
  4. El Pueblo Gallego, 1-8-1930, p. 4.
  5. Diario de Pontevedra, 19-1-1920, p. 2.


Predecesor:
José Carvajal Quiroga
  
Alcalde de Moaña
 
1936 - 1940
Sucesor:
'