José Carvajal Quiroga
José Carvajal Quiroga, nado en Vigo cara a 1889 e finado en Moaña o 7 de abril de 1976, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 Vigo, España |
Morte | 7 de abril de 1976 (86/87 anos) Moaña, España |
Alcalde de Moaña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Traxectoria editar
Fillo de Pedro Carvajal Rivera, funcionario da facenda en Pontevedra, e Clementa Quiroga Bárcena. Neto de José Carvajal Pereira e de Francisco Javier Quiroga. Capitán de Cabalaría. Propietario da casa e granxa do Foxón en Tirán. Nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Moaña logo da destitución de Manuel Pereira Molanes o 19 de febreiro do ano 1929. Cesou un ano despois. na República foi retirado pola Lei Azaña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado gobernativo de Moaña. Foi destinado ao servizo activo en novembro e abandonou a alcaldía.[1] Mandou tropas en Palencia e Burgos como capitán. Nos últimos anos da guerra foi trasladado a Santander e Lugo. Cando rematou foi destinado a Castellón, Pontevedra e Ourense, onde se retirou en 1952.
Predecesor: Manuel Pereira Molanes |
Alcalde de Moaña 1929 - 1930 |
Sucesor: Ernesto Carballo García |
Predecesor: José Fandiño Pidre |
Alcalde de Moaña 1936 |
Sucesor: Jesús Seoane López |
Vida persoal editar
Casou en Tetuán con África Pego en 1917, da que enviuvou aos poucos meses. Casou en segundas nupcias con Máxima Pujol de la Torriente en 1921.
Notas editar
- ↑ BOP Lugo, 2-11-1936, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- González Fernández, Xoán Miguel; Villaverde Román, Xosé Carlos (1999). Moaña nos anos vermellos. Conflictividade social e política nun concello agrario e mariñeiro (1930-1937). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-928-8.