José Fandiño Pidre
José Fandiño Pidre, nado en Moaña o 14 de xaneiro de 1902 e finado en Vigo o 31 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.
José Fandiño Pidre | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de xaneiro de 1902 |
Lugar de nacemento | Moaña |
Falecemento | 31 de decembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Emigrou a Nova York co seu pai. En 1935 e cos aforros da emigración decidiu quedarse definitivamente, para montar un café económico na súa casa da Seara. Logo das eleccións de febreiro de 1936 que supuxeron a vitoria da Frente Popular foi restituída a corporación de elección popular de Moaña, pero foi destituída ao pouco tempo e nomeada unha xestora para a que foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 22 de marzo de 1936.[1]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 22 de xullo. Nun intento de salvar a vida, chegou a contribuír economicamente coa Falanxe de Moaña, pero finalmente foi detido e procesado por auxilio á rebelión. Foi condenado a pena de morte e fusilado en Vigo o 31 de decembro con Jesús Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé e Fernando Lago Lago;[2] a súa casa foi embargada.
Predecesor: José Romero |
Alcalde de Moaña 1936 |
Sucesor: José Carvajal Quiroga |
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Xosé Carlos Villaverde (14 de abril de 2009). "Homenaxe a un bo alcalde e mellor persoa". Faro de Vigo.
- José Fandiño Pidre na páxina web Nomes e Voces.