Abrir o menú principal

Aríns, Santiago de Compostela

San Martiño de Aríns é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.402 habitantes (713 homes e 689 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 904 habitantes.

Aríns
Igrexa de Aríns.jpg
Igrexa de Aríns
ConcelloSantiago de Compostela
Área11,49 km²
Poboación1.402 hab. (2018)
Densidade122,02 hab./km²
Entidades de poboación15

XeografíaEditar

Dentro da "Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia", de Martínez de Padín, indícase[1] que un dos ríos que bañan esta parte é o Aríns, do que recibe o nome a parroquia.

HistoriaEditar

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[2]:

ARÍNS (SAN MARTIÑO DE):[3] freg. na prov. d'A Coruña (10 1/2 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (3/4), e conc. de Conxo:[4] SIT. en terreo montuoso e parte nun vale, ao O. do Almenal ou Fornás, que a resgarda dos ventos do L.: o seu CLIMA é temperado e san: ten sobre 130 CASAS pobres e incómodas, distribuídas nos l. e barrios de Andrade, Aramio, Cacharela, Costa, Devesa, Eixo, Fondevila, Fornás, Igrexario, Lobio, Pena, Sanxuás, Sobríns, Torre Branca e Vilacova,[5] que gozan de boas e abondosas augas. A igr. parr. (San Martiño) é de fundación inmemorial, se ben os libros bautismais son do século XVII: o curato é de provisión ordinaria, e percibía 1/3 do décimo e primicia, recadando os 2 restantes o cabido de Santiago, sen prexuízo das casas exentas que pertencían ao Goberno, e coa notable circunstancia de que o cura recibía 2/3 da parte decimada nos terreos do Igrexario: o cemiterio, aínda que sit. no adro da igr. non dana á saúde pública, por atoparse amurallado e con boa ventilación. O TERM. esténdese a 1 leg. de N. ao S. e 1 1/2 de L. ao O.: confina ao N. con Sta. Eulalia de Bando, polo L. con Sta. María de Lamas e Sta. Baia de Vigo,[6] polo S. con San Cristovo do Eixo e Santa María de Marrozos,[7] e ao O. Sta. María a Real de Sar:[8] a baña cruzando o terr. un dos r., que variando de nome veñen a formar o Sar ou r. do Arcebispo;[9] o seu curso é perenne, recibe algúns regatos, e aínda que de pouco caudal, ten 1 ponte de pedra de 2 arcos de má construción e peor estado. O TERREO é fértil, con especialidade na parte do l. de Cacharela; porén carece de arboredo: os CAMIÑOS son locais, e así como o de ferradura que se dirixe ás freg. de Vigo e Lamas, se encontran abandonados: o CORREO recíbese en Santiago: PROD.: trigo, maínzo, fabas, liño, centeo, cebada e algunhas froitas: cría gando vacún, cabalar, lanar e de cerda; e hai caza de lebres e perdices: o sobro da colleita e parte do gañado o presentan estes naturais nos mercados de Santiago, Padrón e outros inmediatos: a IND. atópase reducida a varios muíños fariñeiros, e algúns teares, pero puidera se establecer con utilidade 1 fáb. de caparrosa, á que convida a abundancia de piritas de ferro que se desprenden do monte Fornás e que se cre beneficiaban os romanos: POBO.: 134 vec., 634 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).

FestasEditar

A parroquia celebra as festas populares máis grandes a última fin de semana de agosto, e o seu patrón (San Martiño) o 11 de novembro.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Martínez de Padín, Leopoldo (1849). Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (en castelán) I (A. Vicente (impresor) ed.). Madrid. p. 50. O Ulla atravesa todo o ameno val deste nome, e recibe polo norte ao Barbanzón, ao Iso, ao Vesaña, ao Sales, e ao Aríns, de terceira, e de máis curto caudal, o Sar que pasa por Santiago e o Mera. 
  2. Madoz Ibáñez, P. (1845). "ARINES". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 64. 
  3. «Arines (San Martín de)» no orixinal.
  4. «Conjo» no orixinal.
  5. «Andrade, Aramio, Cacharela, Costa, Devesa, Ejo, Fondevila, Fornás, Iglesario, Lobio, Pena, Sanjuans, Sobrin, Torreblanca y Vilacoba» no orixinal.
  6. «Sta. Eulalia de Vigo» no orixinal.
  7. «San Cristóbal de Eijo y Santa Maria de Marrozos» no orixinal.
  8. «Santa Maria la Real de Sar» no orixinal.
  9. «r. del Arzobispo» no orixinal.

Véxase taménEditar