Leopoldo Martínez Padín
historiador, xornalista e poeta galego
Leopoldo Martínez Padín, nado en Tui o 21 de setembro de 1823 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1850, foi un historiador, xornalista e poeta galego.
Leopoldo Martínez Padín | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1823 |
Lugar de nacemento | Tui |
Falecemento | 26 de marzo de 1850 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia, Tomo I (en PDF).
TraxectoriaEditar
Fixo dous anos de Filosofía no Seminario Conciliar San Paio da súa vila natal e licenciouse en Xurisprudencia na Universidade de Santiago de Compostela en 1847.
En Santiago formou parte, xunto con Antonio Neira de Mosquera, José María Posada, Francisco Añón, Antolín Faraldo, Alberto Camino e outros da Academia Literaria de Santiago e fundou e dirixiu La Armonía. Por un artigo publicado no número un deste xornal (6 de agosto de 1845) foi denunciado e a publicación suspendida.[1].
Marchou a vivir a Madrid, onde finou aos 26 anos de idade.
ObraEditar
- Suspiros del corazón (1845)[2]. Poesía romántica.
- "A la reina con motivo de su enlace con el Señor don Francisco de Asis", 8 pp (1846).[3] Poesía.
- Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (Madrid, 1849). Debido ao seu prematuro pasamento, só escribiu o primeiro tomo e parte do segundo.[4]
NotasEditar
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "MARTÍNEZ PAADÍN, Leopoldo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 390.
- ↑ En Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ "En Galiciana. Biblioteca de Galicia.". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 05 de novembro de 2013.
- ↑ En Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Mato Domínguez, Alfonso (2005). "Martínez Padín, Leopoldo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- "Martínez Padín, Leopoldo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 286.