A Barciela, Santiago de Compostela

parroquia civil do concello de Santiago de Compostela

Santo André da Barciela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE[2] en 2018 tiña 329 habitantes (160 mulleres e 169 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación[3]

A Barciela
Igrexa de Santo André da Barciela.
ConcelloSantiago de Compostela[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°57′51″N 8°26′44″O / 42.9642, -8.4456
Poboación323 hab. (2019)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[4]:

BARCIELA (SANTO ANDRÉ DE):[5] freg. na prov. d'A Coruña (8 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (2), e conc. de Enfesta (1): SIT. á marxe esq. do Tambre, con boa ventilación e CLIMA san. Ten sobre 70 CASAS pobres, distribuídas nos l. de Barciela, Benavente, Caluba, Fonte do Torno, Sigüeiro e Valado.[6] A igr. parr. (Santo André) está servida por un curato de padroado laical e ecl. que exercen o cabido de Santiago e casa de Moscoso de Altamira; hai unha ermida (San Brais e Sta. Catalina),[7] e o cemiterio atópase no adro da igr., se ben polo separada que está da poboa., en nada prexudica á saúde pública: o TERM. confina polo N. con San Martiño de Oroso e San Miguel de Gándara,[8] ao L. con Sta. María de César, ao S. con San Cristovo de Enfesta e San Xulián de Carballal[9] e polo O. con San Vicenzo de Marantes;[10] báñao o mencionado Tambre, que ao seu curso de N. a S., recibe as augas de varios regatos que percorren este terreo, o cal se compón de monte de pouca elevación, e dunhas 1,000 fan. de terra de boa calidade destinadas ao cultivo; os CAMIÑOS son locais, se ben cruza por esta freg. a estrada d'A Coruña a Santiago, cortada polo Tambre, sobre o cal hai unha ponte de pedra con 6 arcos e 20 varas de elevación: o CORREO recíbese por Santiago: PROD.: maínzo, centeo, patacas e algunhas froitas: cría gando lanar, vacún e de cerda; caza de lebres, perdices, xabarís e lobos; e péscanse troitas e anguías: IND.: 6 muíños fariñeiros, 2 fábricas de curtumes e algúns teares; COMERCIO: a importancia de art. de primeira necesidade, e exportación dos prod. das fáb.; celebra un mercado de gando vacún o día 24 de cada mes; POBO.: 70 vec., 590 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).

No ano 2005 dous lugares desta parroquia, Sigüeiro e A Foca, foron incorporados ao concello de Oroso mediante o decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro)[11]. O motivo foi o crecemento urbanístico do lugar de Sigüeiro do concello de Oroso que produciu un único núcleo urbano formado polos tres lugares, situados ao norte do Río Tambre que deste xeito pasou a conformar a fronteira entre os dous concellos. Dez anos despois deste cambio administrativo o nomenclátor da Xunta de Galicia continuaba a incluír aqueles dous lugares nesta parroquia[3].

Esta parroquia forma parte da parroquia eclesiástica da Barciela que tamén se estende por Sigüeiro no veciño concello de Oroso.

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Barciela

editar
Lugares da parroquia da Barciela no concello de Santiago de Compostela

O Alto | A Barciela | Benavente | A Caluba | A Foca | A Fonte do Torno | A Igrexa | A Polveira | Sigüeiro | O Valado | O Vintecatro

Parroquias de Santiago de Compostela

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa". 
  4. Madoz, Pascual (1845). "BARCIELA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 106. 
  5. «Barciela (San Andrés de)» no orixinal.
  6. «Barciela, Benavente, Calcuba, Fuente de los Tornos, Siqueiro y Valado» no orixinal.
  7. «San Blas y Sta. Catalina» no orixinal.
  8. «San Martin de Oroso y San Miguel de Gándara» no orixinal.
  9. «San Cristóbal de Enfesta y San Julian de Carballal» no orixinal.
  10. «San Vicente de Marantes» no orixinal.
  11. DOG (ed.). "DECRETO 25/2005, do 3 de febreiro, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación entre os termos municipais de Santiago de Compostela-Oroso". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar