Rally Terras Altas de Lorca
O Rally Tierras Altas de Lorca é unha proba de rally organizada polo Automóvil Club de Lorca dende 2012 na localidade de Lorca, na Rexión de Murcia. É puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys e anteriormente foino para o Campionato de España de Rallys da Terra [1]
Rally Terras Altas de Lorca | |
---|---|
Fundación | 2012 |
Rexión | Rexión de Murcia |
Copa | S-CER |
Máis laureado | ![]() |
Organizador | Automóvil Club de Lorca |
Historia editar
Aínda que xa existiu unha proba en Murcia en 1993, tamén puntuable para o nacional de terra, baixo o nome de Rally de Lorca, o Automóvil Club de Lorca non naceu ata 1996, creado por un grupo de amigos co obxectivo de promover o mundo do motor na comarca de Guadalentín. Dende entón o club organizou probas de carácter rexional, pero no 2012 decidiron crear o Rally Tierras Altas de Lorca, facendo a preinscrición para o Campionato de España de Rallys de Terra, conseguindo entrar no ano 2012, e abrindo o calendario a partir da tempada 2014.[2]
Palmarés editar
Notas editar
- ↑ "Rally Tierras Altas de Lorca". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2021.
- ↑ "Cónocenos". automovilclubdelorca.es (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2021.