Javier Pardo Siota

piloto de rallys galego
(Redirección desde «Javier Pardo»)

Javier Pardo Siota, nado en Allariz o 1 de outubro de 1996, é un piloto de rallys galego. Foi subcampión do Campionato de Europa de Rally en 2022, así como campión da categoría ERC2 en 2021.[1]

Infotaula de personaJavier Pardo Siota

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webjavierpardo.es… Editar o valor em Wikidata
Facebook: javipardosiota Twitter: javipardosiota Instagram: javierpardosiota Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É fillo do antigo piloto de rallys Francisco Javier Pardo, que corría habitualmente o Campionato de España de Rallys de Terra a bordo dun Subaru Impreza.[2] A súa irmá Melissa Pardo Siota fixo de copilota tanto para pai como para fillo.[3]

Iniciou a súa carreira como piloto en 2014, participando cun Fiat Punto HGT e con Iván Domínguez como copiloto en dúas probas de rallymix, así como no seu primeiro rally, o Rally Eurocidade Tui-Valença, correspondente ao Campionato de Galicia. En 2015 correu numerosas probas, entre elas a maioría de rallys do certame galego e do Campionato de España de Rallys de Terra, encadrado neste último dentro da Copa Kobe a bordo dun Toyota Aygo. Ademais, debutou no nacional de asfalto, conducindo un Suzuki Swift no Rally de Ferrol. No 2016 correu a bordo dun Peugeot 208 R2 e co apoio de Rallycar e AR Vidal, disputou o nacional de terra así como algunhas probas de asfalto, competindo nas categorías R2 e Júnior. Rematou a tempada gañando tres títulos do nacional de terra: a Copa de España de Pilotos, a Copa de España 2RM e e o Trofeo Júnior.[4]

Continuou a súa progresión no 2017, no que a pesar de non comezar da mellor maneira posible, consolidouse como un dos pilotos máis rápidos do nacional de asfalto, acabando sétimo na xeral e proclamándose campión da categoría de dúas rodas motrices, da categoría júnior e da categoría R2.[5] Durante esta campaña comezou a correr con Adrián Pérez, o seu copiloto habitual dende entón.

Na tempada 2018 deu un xiro á súa carreira, fichando polo equipo Suzuki co que disputou o Campionato de España de Rallys aos mandos dun Suzuki Swift R+ N5, rematando como campión júnior. Pola súa banda, disputou tamén o nacional de terra, conseguindo na segunda proba o seu primeiro podio absoluto nun rally, ao quedar terceiro en Pozoblanco.[6] Obtivo bos resultados nas restantes probas e proclamouse subcampión absoluto, só por detrás de Xavi Pons, así como campión nas categorías júnior e N5. Disputou ademais o Rally Cristian López Herrero en Cantabria, conseguindo a súa primeira vitoria nun rally.

Na campaña 2019 seguiu vinculado ao equipo Suzuki no Campionato de España de Rallys, subindo por primeira vez ao podio no Rali do Cocido e rematando quinto na xeral do campionato. Logrou tamén varios podios no certame de terra, conducindo un Škoda Fabia R5, revalidando o seu título júnior do ano anterior e rematando de novo como subcampión absoluto, outra vez por detrás de Pons. En 2020 competiu cunha nova montura, un Suzuki Swift R4lly S, co que repetiu o quinto posto do nacional de asfalto e sumou un novo título júnior.

Comezou o 2021 cun terceiro posto na primeira proba do Súper Campionato de España, no Rally Serra Morena, e a continuación pasou a competir no Campionato de Europa de Rally, encadrado na categoría ERC2 a bordo do Suzuky R4lly S . Logrou a vitoria da súa clase nos seis rallys nos que participou (Polonia, Roma Capitale Azores, Serras de Fafe e Felgueiras, Hungría e Illas Canarias), proclamándose así campión do ERC2 de xeito incontestable.[7] En 2022 pasou a disputar a categoría absoluta do Campionato de Europa, ao mando dun Skoda Fabia Rally 2. Puntuou en tódalas probas da competición, unha regularidade que lle valeu para acabar na segunda posición da xeral, superado só por Efrén Llarena.[1]

En abril de 2023 conseguiu a súa primeira vitoria a nivel nacional, na segunda proba do Súper Campionato de España de Rallys, o Rally Terras Altas de Lorca, onde superou a José Antonio Suárez para se colocar líder da competición.[8]

Resultados editar

Campionato de Europa editar

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Pos
2021 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R4LLY S POL
23
LIE ROM
26
ZLI AZO
10
FAF
16
HUN
17
CAN
23
7 41º
2022 Team MRF Tyres Škoda Fabia Rally2 evo FAF
4
AZO
13
CAN
7
POL
9
LIE
8
ROM
7
ZLI
10
CAT
3
99

S-CER editar

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 once 12 13 Puntos Pos
2019 Escudería Ourense Škoda Fabia R5 LOR
2
CAN TDA
3
AST
3
GRA
2
MAD
Ret
19
Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift Sport R+ OUR
3
PDA
Ret
2020 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R4LLY S LOR
FER
3
NUC
5
MAD CAN
5
40
Escudería Ourense Ford Fiesta Rally4 TDA
Ret
2021 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R4LLY S SMO
3
LOR ADE TDA FER
4
PDA LLA MAD POZ NUC CAN
11
LEO 66 -
Suzuki Swift Sport MK6 OUR
18
2023 Team MRF Tyres Hyundai i20 N Rally2 SMO
5
LOR
1
CAN POZ OUR PDA LLA CAT NUC 61

CERT editar

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Pos
2015 Escudería Ourense Fiat Punto HGT LOR
8
38 16º
Toyota Aygo NAV
6
CUR
Ret
BIE
Ret
CER EXT MAL
Ret
2016 Escudería Ourense Peugeot 208 R2 LOR
16
NAV
8
MAN
9
BIE
7
CER
9
EXT
12
CTG POZ 101
2018 Escudería Ourense Mitsubishi Lancer EvoX LOR
14
165
Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R+ POZ
3
VOL
6
TDA
7
CER
5
NAV
4
GRA
6
MAD
7
2019 Escudería Ourense Škoda Fabia R5 LOR
2
POZ
Ret
TDA
4
AST
3
GRA
2
VOL 138
Suzuki Swift Sport R+ NAV
9

CERA editar

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 once Puntos Pos
2016 Escudería Ourense Peugeot 208 R2 CAN ADE SMO FER
32
CNT OUR
18
PDA
16
LLA
14
NUC
10
MAD
Ret
29 25º
2017 Escudería Ourense Peugeot 208 R2 SMO
12
CAN
Ret
ADE
Ret
OUR
10
FER
8
PDA
7
LLA
11
CNT
5
NUC
7
MAD
10
126.6
2018 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R+ N5 COC
4
SMO
5
CAN
9
ADE
7
OUR
Ret
FER
6
PDA
Ret
LLA
5
CNT
6
NUC
Ret
MAD
19
136
2019 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift Sport R+ SMO
Ret
CAN ADE
6
OUR
4
COC
3
FER PDA
Ret
LLA
4
CNT
4
NUC
5
MAD
Ret
148
2020 Suzuki Ibérica Motorsport Suzuki Swift R4lly S OUR
6
FER
6
PDA
7
NUC
7
CAN
11
80

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gutiérrez, Chiqui (23 de outubro de 2022). "Javier Pardo se proclamó subcampeón europeo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2023. 
  2. Meijome, Martín (30 de setembro de 2020). "La familia Pardo al completo en el Rallye Rías Altas" (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2023. 
  3. "Melissa Pardo Siota". eWRC (en inglés). 
  4. "Javier Pardo vence en 2RM y se proclama campeón de España" (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 23 de abril de 2023. 
  5. Gómez, Pablo (4 de decembro de 2017). "Tres coronas para Javier Pardo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2023. 
  6. "Javier Pardo y Adrián Pérez suben el Suzuki Swift R+ al pódium" (en castelán). 9 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2023. 
  7. "O piloto de Suzuki Javier Pardo, campión europeo de rallye ERC2". 30 de decembro de 2021. Consultado o 23 de abril de 2023. 
  8. "Rally: Javier Pardo obtén a vitoria no ‘Tierras Altas’ de Lorca e sitúase líder do Supercampionato de España". Nós Diario. 15 de abril de 2023. Consultado o 23 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar