Rally Terra da Auga de 2020
O Rally Terra da Auga de 2020 foi a sétima edición de dito rally e a segunda proba da tempada 2020 do Campionato de España de Rallys de Terra, así como do Súper Campionato de España de Rally. Disputouse o 26 de setembro nos concellos de Arzúa, Touro e O Pino, e o vencedor foi o catalán Nil Solans, a bordo dun Škoda Fabia R5.[1]
Rally Terra da Auga de 2020 | |
---|---|
Categoría | CERT SCER |
Localización | Arzúa Touro O Pino |
Organizador | ADN Motor |
Ámbito | Nacional |
Superficie | Terra |
Tramos | 8 |
Distancia tramos | 102,16 km |
Participantes | |
Pilotos | 73 |
Anterior | Rally Terra da Auga de 2019 |
Seguinte | Rally Terra da Auga de 2021 |
Sitio web | https://rallydaauga.com |
Participantes editar
Inscribíronse 73 equipos, destacando a presenza do tres veces gañador do Rally Dakar, Nasser Al-Attiyah, inscrito cun Volkswagen Polo GTI R5 de AR Vidal,[2] así como de Pepe López, Nil Solans, Alberto Heller ou Alexander Villanueva.[3][4]
Protocolo COVID-19 editar
Ao celebrarse no contexto da pandemia por coronavirus os organizadores dispuxeron varias medidas sanitarias, entre elas a obrigación dun rexistro previo para asistir como espectador, o uso obrigatorio de máscara, a distancia de seguridade entre os espectadores e a prohibición para estes de entrar no parque de asistencias e na cerimonia de trofeos.[5]
Itinerario editar
TC | Nome | Distancia | Hora | Gañador | Tempo | Líder |
---|---|---|---|---|---|---|
TC1 | A Mina | 12,12 km | 9:09 | Pepe López | 07:58,7 | Pepe López |
TC2 | Arzúa | 10,44 km | 10:03 | Nil Solans | 07:02,3 | |
TC3 | A Mina | 12,12 km | 11:52 | Nil Solans | 07:46,2 | Nil Solans |
TC4 | Arzúa | 10,44 km | 12:46 | Nil Solans | 06:35,1 | |
TC5 | O Pino | 13,47 km | 16:05 | Nil Solans | 09:07,7 | |
TC6 | Touro | 15,05 km | 16:35 | Nil Solans | 10:19,4 | |
TC7 | O Pino | 13,47 km | 18:24 | Alexander Villanueva | 09:42,8 | |
TC8 | Touro | 15,05 km | 18:54 | Nil Solans | 10:29,4 |
A pesar de coñecerse o nome dos treitos,[6] o CSD, a RFEDA e a Secretaría Xeral do Deporte decidiron que non se publicasen os percorridos dos treitos.[5] Finalmente o xoves 24 publicáronse os accesos aos treitos e varios esbozos do percorrido pero con poucos detalles.[7][8] O rally consta de 8 treitos e 102,16 km cronometrados.[9]
Clasificación editar
Notas editar
- ↑ "Nil Solans gaña o Rally da Auga". CRTVG. 26 de setembro de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2020.
- ↑ Rodríguez, Melissa (23 de setembro de 2020). "El jeque catarí Nasser Al-Attiyah testará un coche de rali en Vimianzo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2020.
- ↑ "Lista de inscritos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2020.
- ↑ "73 equipos daranse cita esta fin de semana no Rally Terra da Auga". 21 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 "Código QR y tramos secretos en el Rally Terra da Auga" (en castelán). 21 de setembro de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2020.
- ↑ "Regulamento xeral do rall" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2020.
- ↑ "Publicados los accesos y tramos del Rallye Terra da Auga" (en castelán). 25 de setembro de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2020.
- ↑ "Recomendación para o público". 24 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2020.
- ↑ "Complemento Nº 1: programe e e itinerario horario" (PDF). rallydaauga.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2020.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Rally Terra da Auga 2020 en ewrc-results.com (en inglés).
- Clasificación final Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial do rally.