Rally Dakar
O Rally Dakar (anteriormente Rally París-Dakar) é unha competición anual de rally raid disputada dende 1978. Celébrase habitualmente durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado o rally máis duro do mundo. Nas primeiras edicións partía de París e remataba na cidade de Dakar (Senegal), pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas, fundamentalmente por motivos publicitarios e/ou políticos, xa que a verdadeira competición non comezaba ata que se entraba no continente africano, e máis tarde variou tamén o punto de chegada. En 2008 non se disputou por falta de seguridade,[1] pasando a disputarse entre 2009 e 2019 na América do Sur (a Arxentina, Chile e o Perú), cun percorrido de máis de 9.000 quilómetros, incluíndo o deserto de Atacama.[2] Dende 2020 dispútase en Arabia Saudita.
A pesar do nome, o Dakar é máis unha carreira de resistencia ca un rally convencional. Os vehículos participantes son completamente todo terreo e o terreo varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro ou vexetación.
A inscrición na proba é aberta, o cal a converte na carreira idónea para amantes da aventura. A participación de competidores afeccionados chega con frecuencia ao 80% dos inscritos.
Historia e trazado
editarA proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto Thierry Sabine se perdese no deserto e considerase a súa experiencia digna de ser reproducida nun rally. O que empezou como unha aventura en estado puro, sen apenas organización, evolucionou ata converterse nun gran despregue tecnolóxico, con máis de mil persoas implicadas entre organización, participantes e asistencia.
O trazado da carreira cambiou ao longo dos anos, tanto o inicio como o final, por mor de diversos motivos. Ata 1994, a carreira foi fiel á rota orixinal, sendo París o inicio e Dakar o final. Precisamente en 1994, a carreira variou e, unha vez en Dakar, regresaba de novo a París. Debido a problemas co alcalde de París, o final tivo que ser cambiado, dos Campos Elisios a Eurodisney. A partir de entón, o lugar de inicio da carreira foi cambiando entre distintas cidades europeas, como Granada, Marsella, Barcelona ou Lisboa e ultimamente a Buenos Aires[3] ou Lima.
A ruta no continente africano tamén se viu modificada en multitude de ocasións por problemas políticos, ás veces derivados de accións de guerrilla ou guerras civís.
Lista dos trazados
editar- 1979–1988: París – Alxer – Dakar.[4]
- 1989: París – Tunes – Dakar.
- 1990–1991: París – Trípoli – Dakar.
- 1992: París – Cidade do Cabo.
- 1993: París – Dakar.
- 1994: París – Dakar – París.
- 1995–1996: Granada – Dakar.
- 1997: Dakar – Agadez – Dakar.
- 1998: París – Granada – Dakar.
- 1999: Granada – Dakar.
- 2000: Dakar – O Cairo.
- 2001: París – Dakar.
- 2002: Arras – Madrid – Dakar.
- 2003: Marsella – Sharm el Sheikh.
- 2004: Clermont-Ferrand – Dakar.
- 2005: Barcelona – Dakar.
- 2006-2007: Lisboa – Dakar.
- 2008: Non se disputou.[5]
- 2009: Buenos Aires – Valparaíso – Buenos Aires.
- 2010: Buenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires.
- 2011: Buenos Aires - Arica - Buenos Aires.
- 2012: Mar del Plata - Copiapó - Lima.
- 2013: Lima - Santiago de Chile.
- 2014: Rosario - Salta - Valparaíso
- 2015: Buenos Aires - Iquique - Buenos Aires
Vehículos e clases
editarExisten tres categorías principais na competición: motocicletas, coches e camións. Á súa vez cada categoría divídese en subcategorías, segundo sexa o equipo profesional ou privado, e segundo o tipo de vehículo (de serie ou modificado).
Motocicletas
editarTrátase da categoría máis perigosa das tres, por ser a moto un vehículo que deixa desprotexido ao condutor. Tamén é a categoría máis popular, por ser a máis accesible respecto ao custo para competidores privados. Divídese nas seguintes subcategorías:
- Máis de 450 cm³.
- Maratón: motocicletas de serie.
- Quads.
Coches
editarAlgunhas grandes marcas compiten nesta categoría con fins publicitarios (equipos oficiais) e para probar novas tecnoloxías que despois se aplican aos coches de rúa.
Divídese nas seguintes subcategorías:
- T1: vehículos de serie.
- T2: vehículos de serie modificados.
- T3: prototipos. Esta categoría eliminouse en 2002.
Camións
editarConsidérase a categoría máis espectacular. Non tódolos camións compiten, xa que a maioría só realizan funcións de asistencia. Algúns equipos mesturan as funcións de asistencia coa competición, e uns poucos equipos céntranse exclusivamente na competición. Esta categoría existe como tal dende 1999; nas edicións anteriores, os camións estaban englobados na categoría de coches.
Durante os anos oitenta, competían tamén prototipos de camións, pero prohibiuse a súa participación debido aos graves accidentes que se producían, ao atinxir estes grandes velocidades.
Gañadores do Dakar
editarEd. | Ano | C o c h e s | M o t o s | C a m i ó n s | Ruta | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Piloto Copiloto |
Vehículo | Piloto | Vehículo | Piloto | Vehículo | |||
41ª | 2020 | Carlos Sainz Lucas Cruz |
Racing MINI | Ricky Brabec | CRF 450 Rally | Andrey Karginov | Kamaz | Lima - Lima |
40ª | 2019 | Nasser Al-Attiyah Matthieu Baumel |
Toyota Hilux | Toby Price | KTM 450 Rally | Eduard Nikolaev | Kamaz | Jeddah - Al-Qiddiya |
39ª | 2018 | Carlos Sainz Lucas Cruz |
Peugeot 3008 DKR Maxi | Matthias Walkner | KTM 450 Rally Replica | Eduard Nikolaev Evgeny Yakovlev Vladimir Rybakov |
Kamaz 4326 | Lima– A Paz– Córdoba |
38ª | 2017 | Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret |
Peugeot 3008 DKR | Sam Sunderland | KTM 450 Rally | Eduard Nikolaev Evgeny Yakovlev Vladimir Rybakov |
Kamaz 4326 | Asunción– A Paz– Buenos Aires |
37ª | 2016 | Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret |
Peugeot 2008 DKR | Toby Price | KTM 450 Rally | Gerard de Rooy Moises Torrallardona Darek Rodewald |
Iveco PowerStar | Buenos Aires– Salta- Rosario |
36ª | 2015 | Nasser Al-Attiyah Matthieu Baumel |
MINI | Marc Coma | KTM 450 Rally | Ayrat Mardeev | Kamaz | Buenos Aires - Iquique - Buenos Aires |
35ª | 2014 | Nani Roma Michel Perin |
MINI | Marc Coma | KTM 450 Rally | Andrey Karginov | Kamaz | Rosario - Salta - Valparaíso |
34ª | 2013 | Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret |
MINI | Cyril Despres | KTM 450 Rally | Eduard Nikolaev | Kamaz | Lima - Santiago de Chile |
33ª | 2012 | Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret |
MINI | Cyril Despres | KTM 450 Rally | Gerard de Rooy | Iveco | Mar del Plata - Copiapó - Lima |
32ª | 2011 | Nasser Al-Attiyah Timo Gottschalk |
Volkswagen Race Touareg | Marc Coma | KTM 450 Rally | Vladimir Chagin | Kamaz | Buenos Aires - Arica - Buenos Aires |
31ª | 2010 | Carlos Sainz[6] Lucas Cruz |
Volkswagen Race Touareg | Cyril Despres | KTM 690 Rally | Vladimir Chagin | Kamaz | Buenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires |
30ª | 2009 | Giniel de Villiers[7] Dirk Von Zitzewitz |
Volkswagen Race Touareg | Marc Coma[8] | KTM 690 Rally | Firdaus Kabirov | Kamaz | Buenos Aires - Valparaíso - Buenos Aires |
29ª | 2007 | Stéphane Peterhansel[9] Jean-Paul Cottret |
Mitsubishi Pajero | Cyril Despres | KTM 690 Rally | Hans Stacey | MAN SE | Lisboa - Dakar |
28ª | 2006 | Luc Alphand Gilles Picard |
Mitsubishi Pajero | Marc Coma | KTM LC4 660R | Vladimir Chagin | Kamaz | Lisboa - Dakar |
27ª | 2005 | Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret |
Mitsubishi Pajero | Cyril Despres[10] | KTM LC4 660R | Firdaus Kabirov | Kamaz | Barcelona - Dakar |
26ª | 2004 | Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret |
Mitsubishi Pajero | Nani Roma[11] | KTM LC4 660R | Vladimir Chagin | Kamaz | Clermont-Ferrand - Dakar |
25ª | 2003 | Hiroshi Masuoka Andrea Schulz |
Mitsubishi Pajero | Richard Sainct | KTM LC4 660R | Vladimir Chagin | Kamaz | Marsella - Sharm el Sheikh |
24ª | 2002 | Hiroshi Masuoka Pascal Maimon |
Mitsubishi Pajero | Fabrizio Meoni | KTM LC8 950R | Vladimir Chagin | Kamaz | Arras - Madrid - Dakar |
23ª | 2001 | Jutta Kleinschmidt[12] Andrea Schulz |
Mitsubishi Pajero | Fabrizio Meoni | KTM LC4 660R | Karel Loprais | Tatra | París - Dakar |
22ª | 2000 | Jean-Louis Schlesser Henri Magne |
Schlesser-Renault Buggy | Richard Sainct | BMW F650RR | Vladimir Chagin | Kamaz | París - Dakar - O Cairo |
21ª | 1999 | Jean-Louis Schlesser Philippe Monnet |
Schlesser-Renault Buggy | Richard Sainct | BMW F650RR | Karel Loprais | Tatra | Granada - Dakar |
20ª | 1998 | Jean-Pierre Fontenay Gilles Picard |
Mitsubishi Pajero | Stéphane Peterhansel | Yamaha YZE850T | Karel Loprais | Tatra | París - Granada - Dakar |
19ª | 1997 | Kenjiro Shinozuka Henri Magne |
Mitsubishi Pajero | Stéphane Peterhansel | Yamaha YZE850T | Peter Reif | Hino | Dakar - Agadez - Dakar |
18ª | 1996 | Pierre Lartigue Michel Perin |
Citroën ZX | Edi Orioli | Yamaha YZE850T | Viktor Moskovskikh | Kamaz | Granada - Dakar |
17ª | 1995 | Pierre Lartigue Michel Perin |
Citroën ZX | Stéphane Peterhansel | Yamaha YZE850T | Karel Loprais | Tatra | Granada - Dakar |
16ª | 1994 | Pierre Lartigue Michel Perin |
Citroën ZX | Edi Orioli | Cagiva Elefant 900 | Karel Loprais | Tatra | París - Dakar - París |
15ª | 1993 | Bruno Saby Dominique Seriyes |
Mitsubishi Pajero | Stéphane Peterhansel | Yamaha YZE850T | Francesco Perlini | Perlini | París - Dakar |
14ª | 1992 | Hubert Auriol Philippe Monnet |
Mitsubishi Pajero | Stéphane Peterhansel | Yamaha YZE850T | Francesco Perlini | Perlini | París - Sirte - Cidade do Cabo |
13ª | 1991 | Ari Vatanen Bruno Berglund |
Citroën ZX | Stéphane Peterhansel | Yamaha YZE750T | Jacques Houssat | Perlini | París - Trípoli - Dakar |
12ª | 1990 | Ari Vatanen Bruno Berglund |
Peugeot 405 T16 | Edi Orioli | Cagiva Elefant 900 | Villa | Perlini | París - Trípoli - Dakar |
11ª | 1989 | Ari Vatanen Bruno Berglund |
Peugeot 405 T16 | Gilles Lalay | Honda NXR800V | París - Tunes - Dakar | ||
10ª | 1988 | Juha Kankkunen Juha Piironen |
Peugeot 205 T16 | Edi Orioli | Honda NXR800V | Karel Loprais | Tatra | París - Alxer - Dakar |
9ª | 1987 | Ari Vatanen Bernard Giroux |
Peugeot 205 T16 | Cyril Neveu | Honda NXR750V | Jan de Rooy | DAF | París - Alxer - Dakar |
8ª | 1986 | René Metge Dominique Lemoyne |
Porsche 959 | Cyril Neveu | Honda NXR750V | Giacomo Vismara | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar |
7ª | 1985 | Patrick Zaniroli Jean Da Silva |
Mitsubishi Pajero | Gaston Rahier | BMW GS980R | Karl-Friedrich Capito | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar |
6ª | 1984 | René Metge Dominique Lemoyne |
Porsche 911 | Gaston Rahier | BMW GS980R | Pierre Lalleu | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar |
5ª | 1983 | Jacky Ickx Claude Brasseur |
Mercedes 280 G | Hubert Auriol | BMW GS980R | Georges Groine | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar |
4ª | 1982 | Claude Marreau Bernard Marreau |
Renault 20 | Cyril Neveu | Honda XR550 | Georges Groine | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar |
3ª | 1981 | René Metge Bernard Giroux |
Range Rover | Hubert Auriol | BMW GS800R | Adrien Villette | ALM/ACMAT | París - Alxer - Dakar |
2ª | 1980 | Freddy Kottulinsky Gerd Löffelmann |
Volkswagen Iltis | Cyril Neveu | Yamaha XT500 | Ataouat | Sonacome | París - Alxer - Dakar |
1ª | 1979 | Alain Génestier Joseph Terbiaut |
Range Rover | Cyril Neveu | Yamaha XT500 | París - Alxer - Dakar |
Meirande número de vitorias
editarOs que obtiveron meirande número de vitorias. Resaltados os que gañaron en máis dunha categoría.
Actualizado a 1 de xaneiro de 2014.
C o c h e s | M o t o s | C a m i ó n s | |||
---|---|---|---|---|---|
piloto | nº v. | piloto | nº v. | piloto | nº v. |
Stéphane Peterhansel | 7 | Stéphane Peterhansel | 6 | Vladimir Chagin | 7 |
Ari Vatanen | 4 | Cyril Despres | 5 | Karel Loprais: | 6 |
René Metge | 3 | Cyril Neveu | 5 | Eduard Nikolaev | 4 |
Pierre Lartigue | 3 | Marc Coma | 5 | Firdaus Kabirov | 2 |
Carlos Sainz | 3 | Edi Orioli | 4 | Francesco Perlini | 2 |
Nasser Al-Attiyah | 3 | Richard Sainct | 3 | Georges Groine | 2 |
Jean-Louis Schlesser | 2 | Citroën | Gerard de Rooy | 2 | |
construtor | nº v. | construtor | nº v. | construtor | nº v. |
Mitsubishi | 12 | KTM | 18 | Kamaz | 17 |
Peugeot | 7 | Yamaha | 9 | Tatra | 6 |
Volkswagen | 4 | BMW | 6 | Mercedes-Benz | 5 |
Citroën | 4 | Honda | 5 | Perlini | 4 |
Galegos no Dakar
editarGalegos que participaron no Dakar.
- Agustín Fernández. Moto (1987-1994).
- Eugenio Cividanes. Moto (1994).
- Fran Gómez Pallas. Moto (2000, 2003, 2005-2009, 2017).[13][14][15][16][17][18]
- Xacob Agra. Moto (2006)
- Antonio Montero. Camión (2006).
- José López Rivas. Coche (2007-2010, 2012, 2013)[19][20][21][22][23]
- Pablo Malvar. Copiloto de coche (2007).[24]
- Diego Vallejo. Copiloto de coche (2013, 2015-2020).
- Pedro Burgo. Coche (2020).
- Marcos Burgo. Coche (2020).
- Eduardo Iglesias. Moto (2020, 2021).
- Santiago Prado. Vehículo lixeiro (2021).
- Álvaro Rodríguez Sans Moya. Copiloto de vehículo lixeiro (2021).
- Ricardo Ramilo (2021).
Controversia
editarCientíficos denunciaron os danos que o rally provoca ao patrimonio arqueolóxico.[25]
Mortes no Dakar
editarVarios participantes morreron durante a disputa dalgunha das edicións:
- 1979: Patrick Dodin, motorista, por mor dunha caída.
- 1982: Bert Oosterhuis, motorista, por mor dunha caída.
- 1983: Jean Noël Pineau, motorista, por mor dun atropelo.
- 1986: Yasuo Kaneko, motorista, nun accidente.
- 1988:[26]
- Kees Van Loevezijn, copiloto de camión, nun accidente.
- Patrick Canado, copiloto, nun accidente.
- 1991: Charles Cabanne, condutor de camión, por un disparo.
- 1992:
- Jean Marie Sounillac e Laurent Lle Bourgeois, piloto e copiloto de camión, nun accidente.
- Gilles Lalay, motorista, por unha caída.
- 1994: Michel Sansen, motorista, por unha caída.
- 1996: Laurent Gueguen, condutor de camión, por unha explosión.
- 1997: Jean Pierre Leduc, motorista, por unha caída.
- 2003: Bruno Cauvy, copiloto de coche, nun accidente.
- 2005:
- José Manuel Pérez, motorista, por unha caída.
- Fabrizio Meoni, motorista, por unha caída.
- 2006: Andy Caldecott, motorista, por unha caída.[27]
- 2007:
- 2009: Pascal Terry, motorista, por edema pulmoar.[30]
- 2012: Jorge Martínez Boero, motorista.
- 2013: Thomas Bourgin, motorista.
- 2014: Eric Palante, motorista belga.[31]
- 2015: Michal Hernik, motorista polaco.[32]
- 2020:
- Paulo Gonçalves, motorista portugués, por unha caída.
- Edwin Straver, motorista neerlandés, por unha caída.
- 2021: Pierre Cherpin, motorista francés, por unha caída.[33]
O número de falecidos elévase por enriba da media centena se se engaden as mortes doutras persoas, dende nenos e mulleres de localidades africanas, a mecánicos ou xornalistas que cubrían o evento.
Thierry Sabine, fundador da proba, faleceu en 1986 durante a disputa do rally, ao estrelarse o helicóptero en que viaxaba, xunto a outros catro pasaxeiros.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Vieiros, "Suspenden o rali Lisboa-Dakar pola “ameaza de Al Qaida”", Vieiros, 4 de xaneiro de 2008.
- ↑ "La organización quiere convertir el Dakar en algo muy extremo" Arquivado 25 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2009.
- ↑ Vieiros, "O Dakar 2010 volverá a Arxentina e Chile", Vieiros, 3 de marzo de 2009.
- ↑ "Dakar Retrospective 1979-2007, 176 páx." (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2009.
- ↑ "Galiciaé, O Lisboa-Dakar suspéndese polas ameazas de Al-Qaeda aos intereses franceses, 04/01/2008". Arquivado dende o orixinal o 02/09/2011. Consultado o 29/12/2009.
- ↑ "Carlos Sainz conquista el Dakar" Arquivado 19 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16 de xaneiro de 2010 (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia, Coma confirma su triunfo en motos en el Dakar y el sudafricano De Villiers gana el de coches, 18/01/2009.
- ↑ "Galiciaé, O español Marc Coma conquista o seu segundo Dakar, 17/01/2009.". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2009. Consultado o 29/12/2009.
- ↑ "El Lago Rosa encumbra a Despres y Peterhansel" Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007.
- ↑ "Despres gana el Dakar en motos". Cadena SER (en castelán). 2012-01-15. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "Roma entra en la leyenda del deporte español al lograr el triunfo en el Dakar"[Ligazón morta], Xornal de Galicia, 18 de xaneiro de 2004.
- ↑ "Unha muller gaña o rali París-Dakar", Vieiros, 22 de xaneiro de 2001.
- ↑ Vieiros, Comeza a aventura de Dakar para Fran Gómez Pallas, 31/12/2004.
- ↑ Vieiros, Adeus ao Dakar de Fran Gómez Pallas, 05/01/2005.
- ↑ Vieiros, Agra e Gómez Pallas rematan o Dakar, 16/01/2006.
- ↑ Vieiros, O carballés Fran Gómez comeza a súa quinta aventura no Dakar, 06/01/2007.
- ↑ "Finisterre.org Non puido ser, Fran abandona o dakar, 10/01/2007.". Arquivado dende o orixinal o 13/04/2010. Consultado o 29/12/2009.
- ↑ Vieiros, Gómez Pallas afronta a parte máis dura do Dakar, 13/01/2009.
- ↑ Vieiros, O coche galego do Dakar retírase, 11/01/2009.
- ↑ Conseguindo, por primeira vez, rematar o rally (no posto 86 da clasificación)
- ↑ "Galicia-Hoxe, Único representante galego no Dakar, 27/12/2009.". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 29/12/2009.
- ↑ El Correo Gallego, Una avería en el Mitsubishi deja fuera al equipo gallego, 14/01/2010
- ↑ A Solaina, programa da TVG, do 26/12/2011, a partir do minuto 55:52.
- ↑ Vieiros, Galiza queda sen representantes no Dakar, 12/01/2007.
- ↑ Colegio de Arqueólogos alerta por daños del Rally Dakar Arquivado 09 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., 10/12/2011 (en castelán).
- ↑ Las dos muertes ocurridas en esta edición ponen en peligro el futuro de la prueba africana, ABC, 12/01/1988.
- ↑ El desierto se cobra otra vida, Faro de Vigo, 10/01/2006.
- ↑ El Dakar se cobra la vida del sudafricano Elmer Symonds Arquivado 23/01/2015, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 09/01/2007.
- ↑ Fallece el francés Aubijoux de un paro cardiaco en el Dakar, Faro de Vigo, 20/1/2007.
- ↑ Morre o motorista Pascal Terry no Dakar 2009 Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Galiciaé, 7/1/2009.
- ↑ "Muere el piloto de motos belga Eric Palante..." El Ideal Gallego (en castelán).
- ↑ "Muere en el Dakar el piloto polaco de motos Michal Hernik" Marca, 6/1/2015 (en castelán).
- ↑ "Muere el piloto Pierre Cherpin, que sufrió una caída en la séptima etapa del Dakar". Marca (en castelán). 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rally Dakar |
Bibliografía
editar- Dakar retrospective 1979 - 2007 (PDF). pdf (en inglés). 2007. pp. 176 páxinas, 8'90 MB. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2009.
- Bueno Borja, Pablo (2006). Ed. Dossat,, ed. Aventura en África: Tras la huella del Dakar. (en castelán). Madrid. pp. 222 p. ISBN 978-84-96437-42-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do Dakar (en francés, inglés e castelán).
- MarathonRally.com (en varias linguas).