Fran Gómez Pallas

Francisco José Gómez Pallas, nado en Caracas o 18 de marzo de 1969, é un piloto galego de motocrós.

Infotaula de personaFran Gómez Pallas
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor em Wikidata

Disputou en oito ocasións o Rally Dakar.

Traxectoria editar

Naceu na capital de Venezuela, fillo de emigrantes galegos, e alí aos 6 anos subiu por primeira vez a unha moto, unha Bernelli de 50cc.[1] Aos 7 anos trasladouse coa súa familia a Galicia, instalándose primeiro en Ponteceso e finalmente en Bértoa, Carballo.[2]

Foi campión galego de motocrós na categoría de 80cc en 1985 e de 125cc en 1987, e subcampión de 250cc en 1991, 1992 e 1993, e correu ademais durante anos no Campionato de España.[3][4][5][6] Dedicouse profesionalmente á carpintería metálica, rexentando xunto a seu irmán unha empresa deste eido en Bértoa.[7]

No ano 2000 correu por primeira vez o Rally Dakar, a bordo dunha Honda, conseguindo completalo no posto 88º.[8] Durante os seguintes anos volveu disputar a carreira en varias ocasións (2003, 2005, 2006, 2007 e 2009) conseguindo chegar á meta en 2006 e 2009.[9] Tras varios anos de ausencia volveu na edición de 2018, conseguindo completar o rally por cuarta vez.[10] En 2024 disputou o seu oitavo Dakar, converténdose no primeiro piloto español en correr a proba cunha moto eléctrica.[11] Na penúltima xornada sufriu un espectacular accidente que partiu a súa moto en dous. Con todo, a organización premiouno polo seu rendemento nos días previos, dándolle por completado o rally.[12]

Notas editar

  1. "«Para min, a moto é unha forma de vida»". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 20 de decembro del 2008. p. 8. 
  2. Tasende, P.; Ferreiro, J.M. (18 de xaneiro de 2006). "En las dunas de Zouérat fue en donde peor lo pasé en el rally". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). p. 10. 
  3. "Firmada el acta constituyente de la Federación Gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xaneiro de 1986. p. 42. 
  4. "Un total de 57 pilotos reunirán las dos pruebas de motocross que se celebrarán en Pobra". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 1992. p. 56. 
  5. "Premiados tres pilotos de la zona". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 5 de febreiro de 1993. p. 54. 
  6. "Fran Gómez disputa este año los torneos gallego y nacional de motocross". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 14 de marzo de 1997. p. 55. 
  7. "Falleció en Carballo Manuel Gómez, «Manolo da Pedra»". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 16 de setembro de 2019. p. 4. 
  8. "Clasificacións Dakar 2000" (PDF). 2000. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2009. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  9. Longueira, Toni (24 de novembro de 2017). "«Es más complicado conseguir los patrocinadores que el propio Dakar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  10. "Fran Gómez Pallas conquista el Dakar 2018" (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  11. Couce, Iago (19 de xaneiro de 2024). "Fran Gómez ya es historia del Dakar". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  12. Couce, Iago (26 de xaneiro de 2024). "Fran Gómez Pallas: “No me dio tiempo a pensar en nada porque en décimas de segundo estaba en el suelo”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar