Abrir o menú principal

Bértoa, Carballo

parroquia civil do concello de Carballo

Coordenadas: 43°14′02″N 8°40′30″O / 43.2338, -8.6751

Bértoa
Bertoa Igrexa.jpg
Igrexa de Santa María de Bértoa.
ConcelloCarballo
ProvinciaA Coruña
Poboación1.551 hab. (2018)
Entidades de poboación25

Santa María de Bértoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Abarca unha extensión de 12.05 km² e segundo o IGE en 2018 tiña 1.551 habitantes (766 mulleres e 785 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.474 habitantes.

Nesta parroquia atópase un dos polígonos industriais de Carballo e a Igrexa de Santa María de Bértoa.

Na rotonda de acceso ao polígono encontrase unha escultura do artista Xosé Manuel Facal, de nome "O Escalo", que está elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.

Igrexa de Santa María de BértoaEditar

A Igrexa foi construída no século XX e caracterízase por ser de liñas sinxelas. Moi cerca dela érguese un cruceiro cunha cruz de sección circular e textura leñosa, con base octogonal de catro chanzos. Tamén atopamos o cemiterio, no cal reposan os restos do pintor Francisco Miguel nunha sepultura sen inscrición.

Polígono Industrial de BértoaEditar

Terreo de 74 hectáreas. Sobresaen neste polígono empresas en sectores como o plástico, o automovilismo, o metal e a maquinaria agrícola. A superficie dispoñible incrementarase en 1.272.489 metros cadrados, ata chegar aos 2.000.000 de metros cadrados pola demanda de terreo.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar