Sísamo, Carballo
Santiago de Sísamo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 771 habitantes, sendo 384 homes e 387 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 890 habitantes (462 mulleres e 428 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 876 habitantes.
Sísamo | |
---|---|
Vista do lugar do Outeiro. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′52″N 8°43′15″O / 43.21432701, -8.72085118Coordenadas: 43°12′52″N 8°43′15″O / 43.21432701, -8.72085118 |
Poboación | 771 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio editar
A igrexa de Santiago de Sísamo é basicamente de estilo neoclásico, pero mantén algúns trazos da arte románica.
Moi preto da igrexa parroquial está o pazo do Souto, unha casa señorial construída en 1833 que acolle hoxe un establecemento de turismo rural.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Sísamo editar
Lugares da parroquia de Sísamo no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
A Barcia | A Bardanca | O Castro | Ceide | A Cepeira | O Espiño | Figueiroa | A Fonte Caldeira | Lamas | O Outeiro | A Pedra Furada | O Picho | Pordiños | A Raíña | Ramil | O Sisto | A Torre | Vilar de Suso | Os Vilares |
Parroquias de Carballo editar
Notas editar
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |