Rus, Carballo

parroquia civil do concello de Carballo

Santa María de Rus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 1.008 habitantes (499 mulleres e 509 homes), distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.377 habitantes. Con 28 quilómetros cadrados, é a parroquia máis extensa do concello de Carballo.

Rus
Fervenza de Rus.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′27″N 8°40′12″O / 43.15756912, -8.66991648
Área28 km²
Poboación1.008 hab. (2019)
Densidade36 hab./km²
Entidades de poboación50[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa de Santa María de Rus localízase na zona de Ramil e é de estilo barroco xeométrico. No seu interior consérvase unha cruz procesional de prata realizada no século XVI.

É a máis ampla do concello e a pegada máis importante do barroco na zona. Construíuse sobre un terreo a media ladeira entre 1606 e 1823 e nela participaron importantes mestres de obra e arquitectos da época. Supuxo un grande investimento de tempo e diñeiro, o que foi posíbel grazas á iniciativa dos monxes de San Martiño Pinario, en Compostela, de quen dependían estas terras.

Non lonxe da igrexa de Santa María está a capela de Santa Eufemia, xunto a unha área recreativa con randeeiras, merendeiros etc. Dise que a capela foi construída por iniciativa dun cura, que quixo así agradecer o seu escape dos carlistas.

A 300 metros da capela encóntrase a férveda de Rus, que salta tamén sobre a falla no terreo provocada pola Depresión Meridiana, importante fenómeno xeográfico que atravesa a fachada atlántica de Galiza de norte a sur e que divide a parroquia de Rus na Alta e a Baixa.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Rus

editar
Lugares da parroquia de Rus no concello de Carballo (A Coruña)

Alborín | Alborís | A Areosa | Arganosa | Baldomar | Baralla | Barbalde de Abaixo | Barbalde de Arriba | A Barcia | Barís | Betrís | Bouzanogueira | A Braña de Abaixo | A Braña de Arriba | Calvos | O Campo da Feira | O Campo | A Camposa | A Canosa | Cáparos | Casal de Perros | Caxín | A Cerdeiriña | Cornaces | A Corredoira | Ferrol | A Férveda | O Fieital | Gastrar | Os Gomes | A Igrexa | Liñares | Louride | Maceira | Millarada | Nogareda | Outeiros | O Outón | O Padreiro | As Pedriñas | O Pego | A Pontenova | O Portopaio | Ramil | Ribeira | San Sadurniño | O Val | Vilar de Cima | Os Vilares | A Vixoteira

Parroquias de Carballo

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar