Noicela, Carballo

parroquia civil do concello de Carballo

Santa María de Noicela é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 413 habitantes (211 mulleres e 202 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 508 habitantes.

Noicela
Igrexa de Noicela.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′12″N 8°37′51″O / 43.28673151, -8.63078588Coordenadas: 43°17′12″N 8°37′51″O / 43.28673151, -8.63078588
Poboación413 hab. (2019)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

No monte das Chanceiras atópanse as Mámoas de Carballedo, que consiste nunha necrópole formada por tres túmulos de arredor de vinte metros de diámetro cada un.

A igrexa de Santa María de Noicela é de estilo barroco. O templo, dunha soa nave, presenta campanario lateral e motivos ornamentais na fachada.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Noicela editar

Lugares da parroquia de Noicela no concello de Carballo (A Coruña)

A Algara | Borrazás | O Campo | Casadelas | A Casanova | Feixe | A Guelra | A Imende | As Infantas | Nandufe | Noicela de Abaixo | Noicela de Arriba | A Pedra do Sal | A Pereira | A Perucha | O Rapadoiro | As Saíñas | A Vespilleira | Xenarde

Parroquias de Carballo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar