Oza, Carballo

parroquia civil do concello de Carballo

San Breixo de Oza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 584 habitantes (275 homes e 309 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 732 habitantes (383 mulleres e 350 homes), 66 menos ca en 1999.

Oza
Vista do Outeiro.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°15′29″N 8°43′02″O / 43.25798207, -8.71714043Coordenadas: 43°15′29″N 8°43′02″O / 43.25798207, -8.71714043
Poboación584 hab. (2019)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

 
Peto de ánimas preto da igrexa.

A igrexa de San Breixo é de estilo barroco, na súa fachada consérvase unha escultura do seu patrón.

Preto da igrexa atópase un peto de ánimas e no lugar das Torres a cruz de San Verísimo.

Ademais, tense constancia das seguintes mámoas:

  • Os Canedos.
  • Couto da Pedra Rubia.
  • Cruceiro de Arriba. Mámoa na que os continuos procesos agrícolas alteraron gravemente a masa tumularia.
  • Pena.
  • Seixo.
  • Monte Vixía. No límite con Lema, ten 15 m de diámetro e 0,80 m de altura. Presenta cono de violación.
  • Os Chans. No lugar do Rodo. Perdeu unha parte importante da masa tumularia polas actividades forestais.
  • Pinar do Canteiro. No lugar de Vilar do Carballo.[2]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Oza editar

Lugares da parroquia de Oza no concello de Carballo (A Coruña)

As Aveas | A Braña | Cabanas | Os Canedos | A Costa | As Encrucilladas | A Igrexa | O Outeiro | Oza | Oza Vella | O Rodo | Serantes de Abaixo | Serantes do Medio | As Torres | Vilar de Uz | Vilar do Carballo

Parroquias de Carballo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar