Ardaña, Carballo

parroquia civil do concello de Carballo

Santa María de Ardaña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2019 tiña 641 habitantes (316 homes e 325 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes. Segundo o IGE en 2004 tiña 734 habitantes (370 homes e 364 mulleres).

Ardaña
Igrexa e cruceiro de Santa María de Ardaña.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°10′45″N 8°40′59″O / 43.17918611, -8.68293056Coordenadas: 43°10′45″N 8°40′59″O / 43.17918611, -8.68293056
Poboación641 hab. (2019)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Conta cunha escola infantil en Gontade e cun centro social aínda en construción.

Xeografía editar

Ardaña ocupa un fértil val moi próximo ao núcleo urbano de Carballo. Encóntrase no primeiro tramo da recta de Rus.

Patrimonio editar

Na parroquia atópase unha das casas nobres máis antigas do concello: o pazo de Gontade.

Ademais, no monte da Peniqueira hai unha mámoa duns vinte metros de diámetro e duns dous de altura[Cómpre referencia].

Lugares e parroquias editar

Lugares de Ardaña editar

Lugares da parroquia de Ardaña no concello de Carballo (A Coruña)

Barís | O Barreiro | Carracedo | Castro | A Cesta | Esteves | Gontade | A Igrexa | Noví | A Pifaina | Quintáns | San Lois | San Mamede | Santa María | Vivente

Parroquias de Carballo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar