Cances, Carballo
San Martiño de Cances[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 530 habitantes, sendo 256 homes e 274 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.
Cances | |
---|---|
Vista do lugar de Cances Grande. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′18″N 8°44′48″O / 43.2383, -8.7467Coordenadas: 43°14′18″N 8°44′48″O / 43.2383, -8.7467 |
Poboación | 530 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
Na paisaxe destaca o monte Neme. No lugar houbo unha mina de volframio que foi explotada durante a segunda guerra mundial. No cume do monte hai un círculo lítico coñecido como a Eira das Meigas.
Historia Editar
Existen varios restos prehistóricos, como a mámoa da Agra da Moa, a do Rego da Bandeira[Cómpre referencia] e o recinto castrexo do Bico do Castro. Hai varias casas nobres en Cances Grande. En Cances da Vila está a igrexa parroquial cun cruceiro e un peto de ánimas.
En Cances da Vila houbo unha importante feira, xa citada no Catastro de Ensenada, que se celebraba o terceiro sábado de mes. Lucas Labrada tamén a cita, igual que Carré Aldao, que di que vén de moi antigo, e que nela se vende gando vacún e porcino. O campo da feira pertencía á familia dos Montáns de Cances Grande. Descendentes desta familia establecéronse nas inmediacións do campo e fundaron o lugar da feira. A feira máis importante celebrábase nos meses de marzo e abril, a denominada Feira dos Bois Gordos.
Galería de imaxes Editar
-
Lugar do Campo de San Pedro.
-
Igrexa de San Martiño de Cances.
-
Cruceiro no Campo de San Pedro.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Cances Editar
Lugares da parroquia de Cances no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
A Cabana | O Campo de San Pedro | Cances da Vila | Cances Grande | Liñeiro | Vilanova | Vilariño |
Parroquias de Carballo Editar
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |