Rubén Fernández García

piloto galego de motocrós


Rubén Fernández García, nado o 24 de febreiro de 1999 en Vigo,[1][2] é un piloto galego de motocrós. Compite no Campionato Mundial de Motocrós, na categoría raíña, MXGP.

Infotaula de personaRubén Fernández

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalRubén Fernández García
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1999
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocrós

Traxectoria editar

Inicios editar

Naceu nunha familia de motoristas, sendo fillo do piloto Paco "Peto". Seus irmáns máis vellos, Fran e Sergio tamén son pilotos de motocrós.[3] Comezou a competir en 2005.[4]

En 2007 proclamouse subcampión de Galicia de motocrós e supercrós en categoría alevín, en ambas competicións por detrás de seu irmán Sergio.[5] Ao ano seguinte quedou terceiro en motocrós, onde volveu vencer seu irmán, mentres que gañou o campionato de supercrós por diante de Sergio (2º) e de Jorge Prado (3º). En 2009 venceu nas dúas modalidades do campionato, acompañado no podio en ambas por Jorge Prado.[5] Tamén ese ano participou no MX Master Kids, considerado o mundial infantil de motocrós, subindo ao podio en terceiro lugar nas categorías D2 e D Ouro.[6] No 2010 pasou á categoría xuvenil onde gañou o campionato galego de motocrós e o de supercrós, no que competían tamén os pilotos da categoría cadete.[5]

En 2011, con 12 anos, gañou os campionatos galegos de motocrós e supercrós e proclamouse campión de España de Motocrós na categoría de "Promesas" (85cc). Revalidou os tres títulos ao ano seguinte, superando a seu irmán Sergio e a Jorge Prado nos tres campionatos.[7][8]

125cc editar

En 2013, despois de pedir un permiso á Real Federación Motociclista Española, pasou a competir na categoría de 125cc, da que se proclamou tamén campión de España no seu primeiro ano e contra pilotos de máis idade.[9] Gañou ademais o Campionato de Galicia de Supercrós, agora xa na máxima categoría e quedou subcampión en MX2, tras gañar todas as carreiras menos a última, en Taboexa, onde sufriu unha caída que lle deu o título a seu irmán Sergio.[8][9] En 2014 revalidou o título de campión de España de 125cc.[10][11] En 2015 quedou terceiro no campionato de España, despois de ir líder toda a tempada até a última carreira,[12] onde non puido tomar a saída por unha lesión de clavícula sufrida na proba de Talavera.[13][14] Ademais as boas actuacións que realizou nas probas do Campionato de Europa de 125 en Talavera (11º)[15] e Winchester (4º)[16] propiciaron a súa fichaxe polo equipo HNHF Racing Team, ligado a Kawasaki,[17] co que rematou o campionato europeo e co que participou no Mundial Júnior celebrado en El Molar, onde quedou cuarto.[18] Tras iso o equipo renovouno por cinco anos.[19]

MX2 editar

En 2016 competiu de novo en varias probas do Campionato de Europa, esta vez en EMX250 rematando a tempada na 11ª posición final.[20] No Campionato de España só participou na última proba da categoría de ÉliteMX2, en Calatayud, logrando a vitoria nas dúas mangas.[21] Ao ano seguinte quedou terceiro no Campionato de Europa, nunha temporada con altibaixos, na que logrou varios podios pero tamén rematou varias carreiras sen puntuar.[22] Ademais participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Motocrós, en categoría MX2, na República Checa (21º),[23] en Suecia (20º)[24] e nos Países Baixos (18º).[25] En 2018 disputou a metade do Mundial até que fracturou un brazo en Ottobiano.[26] Pouco despois rescindiuse o seu contrato co equipo F&H Kawasaki[27][28] e máis tarde fichou por Yamaha SDM-DP19 para volver a competir no Europeo ao ano seguinte.[29] Rematou 2019 na novena posición do Europeo,[30] despois de perderse tres das oito probas por unha rotura de vértebra.[31][32] Participou en dúas probas do Campionato de España, logrando a vitoria en Calatayud[33] e finalizando segundo por detrás de Iker Larrañaga en Talavera de la Reina.[34]

Ao ano seguinte volveu ao Campionato Mundial para disputar íntegra a tempada 2020 en MX2 coa Yamaha.[35] No primeiro Gran Premio disputado en Winchester logrou un 10º posto na primeira manga, mentres que na segunda sufriu problemas mecánicos cando rodaba en terceira posición, o que o obrigou a parar en boxes.[1] Na segunda proba, en Valkenswaard, a súa moto rompeu de novo e sufriu unha caída que o fixo abandonar o Gran Premio.[36] En marzo o campionato paralizouse debido á pandemia por coronavirus e non se retomou ata agosto, coa disputa de tres grandes premios consecutivos en Letonia. No primeiro deles conseguiu o cuarto posto final despois de quedar terceiro na primeira manga e sétimo na segunda.[37]

Ademais compite co equipo Yamaha Ausió no Campionato de España de Motocrós en MX2,[38] onde gañou as dúas probas disputadas (Albaida[39] e Talavera).[40]

Recoñecementos editar

Foi homenaxeado pola Deputación de Pontevedra en 2013[41] e 2014.[2]

Resultados no Campionato do Mundo editar

Ano Moto Clase 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pts Pos
C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2 C1 C2
2017 Kawasaki MX2 QAT QAT IND IND ARX ARX MEX MEX ITA ITA PBX PBX LET LET ALE ALE FRA FRA RUS RUS ITA POR POR RCH
16
RCH
22
BEL BEL SUI SUI SUE
20
SUE
18
USA USA PBX
15
PBX
19
FRA FRA 17 40º
2018 Kawasaki ARX ARX PBX
17
PBX
15
ESP
19
ESP
12
ITA
26
ITA
Ret
POR
12
POR
13
RUS
NTS
RUS
NTS
LET
17
LET
13
ALE
NTS
ALE
NTS
GBR
13
GBR
16
FRA
14
FRA
14
ITA
Ret
ITA
NTS
IND IND IND IND RCH RCH BEL BEL SUI SUI BUL BUL TUR TUR 85 24º
Yamaha PBX
17
PBX
17
ITA
27
ITA
22
2020 Yamaha GBR
10
GBR
Ret
PBX
Ret
PBX
NTS
LET
3
LET
7
RIG
12
RIG
7
KEG
10
KEG
8
ITA
Ret
ITA
10
FAE
8
FAE
7
EMI
9
EMI
7
LOM
13
LOM
Ret
MAN
9
MAN
11
EUR
9
EUR
17
ESP
11
ESP
Ret
FLA
4
FLA
9
LIM
10
LIM
4
LOM LOM TRE TRE PIE PIE GAR GAR

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rodríguez, Luis M. (3 de marzo de 2020). "Un vigués en el mundial de motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "La Diputación homenajea a Rubén Fernández, campeón de España de Motocross a sus quince años de edad en la categoría Mx125" (en castelán). 9 de outubro de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  3. Ares, Juan (8 de febreiro de 2009). "Una familia dedicada al motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  4. "Campionatos galegos de motocrós 2000-2005" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Campionatos galegos de motocrós 2006-2010" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  6. "MX Master Kids 2009. Tous les résultats du MX Master Kids!" (en francés). 13 de xullo de 2009. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  7. Ares, Juan (6 de novembro de 2012). "El piloto vigués Rubén Fernández se proclamó campeón de España de Motocross 85". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Campionatos galegos de motocrós 2011-2015" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Ares, Juan (24 de setembro de 2013). "El vigués Rubén Fernández gana el nacional de 125 cc". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  10. "RUBÉN FERNÁNDEZ, VENCEDOR DA COPA DE ESPAÑA DE MOTOCROSS MX125". 29 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  11. "Títulos nacionais 2010-2015" (PDF). fedemoto.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  12. "Albaida despide en Nacional de élite" (en castelán). 23 de outubr0 de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  13. "Campeones definidos en el Motocross 2015" (en castelán). 25 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  14. "El Chipionero Joaquín Camacho, de 16 años, campeón de España de 125" (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  15. "Motocross European Championship 2015 (Talavera)". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  16. "Motocross European Championship 2015 (Winchester)". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  17. "ENTREVISTA RUBÉN FERNÁNDEZ. EL FUTURO ESTÁ EN SUS MANOS" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  18. "Rubén Fernández, a un punto del podio en el Mundial júnior". Faro de Vigo (en castelán). 22 de xullo de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  19. "Rubén Fernández, cinco años con Kawasaki" (en castelán). 2 de novembro de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  20. "Campionato de Europa 2016". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  21. "Ya tenemos campeones de España de Motocross 2016" (en castelán). 2 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  22. "10 de marzo de 2020" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  23. "Tony Cairoli retrasa el reloj del MXGP y Jorge Prado roza el podio" (en castelán). 25 de xullo de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  24. "Jorge Prado consigue la segunda posición en el Gran Premio de Suecia". El Progreso (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  25. "Clasificación MX2 Assen 2017". racerxonline.com. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  26. "LOS PLANES DE RUBÉN FERNÁNDEZ PARA SU REGRESO" (en castelán). 9 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  27. "ÚLTIMA HORA. RUBÉN FERNÁNDEZ Y EL TEAM F&H KAWASAKI ROMPEN SU RELACIÓN" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  28. CDRas (8 de setembro de 2018). ENTREVISTA MX-RUBÉN FERNÁNDEZ SE QUEDA SIN EQUIPO (Youtube). 
  29. "RUBEN FERNANDEZ REGRESARÁ AL EUROPEO EMX250 EN 2019, DE LA MANO DE YAMAHA SDM" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  30. "Van de Moosdijk, campeón del Europeo de 250 con Fernández séptimo en Suecia" (en castelán). 25 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  31. "Rubén Fernández, lesionado, se pierde el Europeo de Rusia" (en castelán). 5 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  32. "Campionato de Europa 2019". www.fim-europe.eu (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  33. "Jorge Zaragoza y Rubén Fernández, dan la sorpresa en Calatayud" (en castelán). 5 de maio de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  34. "Ander Valentin e Iker Larrañaga se imponen en el Motocross de Talavera" (en castelán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  35. "YAMAHA SDM CORSE CONFIRMA EL PASO DE RUBEN FERNÁNDEZ AL MUNDIAL DE MX2 EN 2020" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  36. "Problemas físicos y mecánicos para Fernández en Holanda" (en castelán). 8 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  37. "Jorge Prado, séptimo, firma su mejor resultado en la reanudación del MXGP". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  38. "Rubén Fernández, Nacional de MX2 2020 al completo con Yamaha Ausió" (en castelán). 25 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  39. "MX Nacional 2020 (Albaida): Arcarons y Fernández se llevan la primera prueba" (en castelán). 3 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  40. "Brian Bogers y Rubén Fernández se imponen en el Nacional de Motocross en Talavera de la Reina" (en castelán). 24 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  41. "Los hermanos vigueses Fernández García, campeones de España y de Galicia de Motocross, con 14 y 15 años" (en castelán). 5 de outubro de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar