Taboexa, As Neves

parroquia civil do concello das Neves

Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Taboexa
ConcelloAs Neves[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°07′46″N 8°25′41″O / 42.1294626, -8.42805613
Poboación473 hab. (2017)
Entidades de poboación42[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A parroquia esténdese pola aba do monte de San Nomedio, o cumio máis alto dos arredores con case 700 metros de altitude.

 
Petróglifo no Castro de Taboexa

Patrimonio

editar

O Castro de Altamira, escavado en 1976 por Alfredo García Alén, e do cal se conservan numerosas pezas no Museo Provincial de Pontevedra.[2][3] Os petróglifos de Mouro e da Citania de Altamira están declarados Ben de Interese Cultural.

O Centro de Interpretación do Patrimonio e Local Socio-Cultural está enfocado á posta en valor dos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da parroquia.

Segundo Pablo Osorio o monte de San Nomedio podería corresponderse co monte Medulio, en base á proximidade ao río Miño e á toponimia da zona. Segundo unha lenda, as augas de San Bartolomeu son férreas porque tras unha gran batalla librada alí, as armas foron soterradas nunha gruta. Outra lendas di que entre o monte e a igrexa parroquial existe unha cova escavada por mouros.

O 7 de decembro de 2017, tras a vaga de lumes de 2017, descubriuse unha laxe con petróglifos sen catalogar.[4]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Taboexa

editar
Lugares da parroquia de Taboexa no concello das Neves (Pontevedra)

Altamira | Arufe | As Barreiras | As Bouciñas | Bugalleiras | O Candón | O Caneiro | A Capela | A Carrasqueira | Carreirachán | O Casal | Corneda | O Corvo | O Cotiño | Covalagarto | A Custoura | Frián | A Gañavena | A Igrexa | Leiradiño | A Lomba | O Marco | O Mariño | Millaxendo | A Moreira | Morgallón | O Mouro | Novás | O Outeiro | O Pazo | A Pedreira | Perdeán | Os Píos | A Rata | O Rego Novo | O Reguengo | O Rodeiro | Sandomedio | O Toxal | Trigal | Valverde | A Viña do Pazo

Parroquias das Neves

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias das Neves

Batalláns (Santa Eulalia) | Cerdeira (San Xoán) | Liñares (Santa María) | As Neves (Santa María) | Rubiós (San Xoán) | San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán) | San Pedro de Batalláns (San Pedro) | San Xosé de Ribarteme (San Xosé) | Santiago de Ribarteme (Santiago) | Setados (Santa Euxenia) | Taboexa (Santa María) | Tortoreos (Santiago) | Vide (Santa María)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. "Taboexa.net". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  3. Rodríguez García, P. (1999). Bronces figurados de Taboexa, Gallaecia, nº 18, pp 287 - 300.
  4. Reinero, David (15 de xaneiro de 2018). "“O maior descubrimento de arte rupestre das últimas dúas décadas en Galicia”, revelado polos incendios". Praza Pública. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar