Cerdeira, As Neves
San Xoán de Cerdeira é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 108 habitantes (52 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 110 habitantes.
Cerdeira | |
---|---|
Concello | As Neves[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°08′14″N 8°23′10″O / 42.1373435, -8.3861751Coordenadas: 42°08′14″N 8°23′10″O / 42.1373435, -8.3861751 |
Poboación | 85 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros.
EconomíaEditar
A parroquia conta cunha granxa de cría de visóns. Esta parroquia tamén conta cunha granxa de cría de vacas
FestasEditar
Celebra a súa festa o día 26 de xuño na honra do seu patrón San Xoán de Cerdeira. Tamén se fai a festa da Virxe do Carme que ven sendo o 8 de agosto.
Coñecida en toda Galicia polo seu requeixo feito de leite puro de vaca, cuxa festa gastronómica se celebra o Venres Santo na parroquia das Neves.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CerdeiraEditar
Lugares da parroquia de Cerdeira no concello das Neves (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea | O Eido de Abaixo | O Eido de Arriba | Empiade | A Fenteira | O Regueiriño | O Reguiño |