Castro de Altamira, Taboexa
O castro de Altamira (tamén chamado habitualmente castro de Taboexa) é un asentamento castrexo situado xunto ó lugar de Altamira, parroquia de Taboexa, no concello das Neves.
Castro de Altamira, Taboexa | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | en mal estado de conservación | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | As Neves | |||
Parroquia | Taboexa | |||
Lugar | Altamira ![]() | |||
Datas | ||||
Ocupación | en estudo | |||
Descuberta | 1924 | |||
Escavación | 1929, 1976 | |||
[ Wikidata ] |
Características
editarO castro non ten un tamaño excesivamente grande e está moi alterado por canteiras e destrucións recentes relacionadas co uso forestal. Porén, os restos mobles aparecidos no mesmo teñen unha especial relevancia. As primeiras intervencións arqueolóxicas realízanse nos anos 20 do século pasado, aparecendo xa unha gran cantidade de elementos metálicos. Posteriormente téñense realizado diversas intervencións científicas de escaso calado, ó mesmo tempo que aparecían achados casuais e se producían espolios intencionados. A intervención arqueolóxica máis importante e mellor documentada é a realizada en 1976 por Alfredo García Alén e P. Acuña Fernández. Dende entón teñen aparecido outros restos, moitos deles en superficie.
Pese a tratarse dun sitio arqueolóxico excepcional na provincia de Pontevedra, continúa sen unha xestión cultural adecuada, exposto á erosión, masa forestal incontrolada, incendios, espolios etc. Non obstante, entra dentro dos plans da Deputación de Pontevedra para unha actuación de conservación e posta en valor en varios castros da provincia.[1]
Achados
editarO máis importante entre os achados mobles do castro é a colección de obxectos metálicos en bronce depositados e expostos nas vitrinas do Museo de Pontevedra: unha figuriña de Mercurio, varias figuras togadas, un pé, unha lucerna, un fragmento de sítula... A cantidade e calidade dos restos fan pensar ós investigadores na existencia dun taller de fundición de bastante importancia.
Ademais, o castro presenta nos afloramentos rochosos da súa croa varios gravados rupestres. Este conxunto foi declarado monumento histórico-artístico no ano 1974 (e, consecuentemente, hoxe é considerado legalmente Ben de Interese Cultural). O conxunto recibe o nome xenérico de "Gravado Rupestre Citania de Altamira"[2].
Galería
editar-
Pé co "calceus senatorius". Bronce.
-
Lucerna.
-
Mercurio. Bronce.
-
Figuras de Bronce.
-
Brazo. Bronce.
Notas
editar- ↑ "La recuperación de los castros de la provincia, pendiente del aval de Fomento" La Voz de Galicia (en castelán)
- ↑ Documento no que se detallan os BIC de Galiza Arquivado 31 de outubro de 2013 en Wayback Machine., do 1 de outubro de 2012: referencia na páxina 20.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Rodríguez García, P. 1999. "Bronces figurados de Taboexa", Gallaecia, 18: pp. 287–300 (descarga do artigo en formato pdf en Dialnet).