Alfredo García Alén
Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1981[1], foi un historiador e mestre galego. Irmán de Luciano García Alén.
Alfredo García Alén | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1923 |
Pontevedra | |
Falecemento | 16 de xaneiro de 1981 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | historiador |
Pai | Alfredo García Hermida |
Irmáns | Luciano García Alén |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
FormaciónEditar
Fillo do mestre de Alfredo García Hermida. Comezou con 15 anos colaborando no Museo Provincial de Pontevedra, obtendo por oposición ós 25 anos a praza de auxiliar de secretaría, sendo seis anos despois secretario. Obtivo os títulos de Bacharelato e Mestre, e as licenciaturas de Dereito e Filosofía e Letras. Doutorouse cunha tese sobre Cerámica popular gallega.
ActividadesEditar
Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego, e mestre no Instituto de Pontevedra (o que agora é o I.E.S. Sánchez Cantón). Foi director adxunto do Museo de Pontevedra e secretario técnico de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Estudou a prehistoria, o folclore e a antropoloxía galegas, pronunciando moitas conferencias e escribindo moitos artigos sobre diversos temas (numismática, etnografía ou a Virxe da Peregrina).
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, 17-1-1981, p. 40.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- La alfarería de Galicia (con Luciano García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); A Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
- Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (con Antonio de la Peña Santos); A Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1
- Filgueira Valverde, Xosé. Artigo "GARCÍA ALÉN, Alfredo" na Gran Enciclopedia Galega.