Neuquén é unha cidade arxentina, capital da provincia de Neuquén, localidade máis poboada da Patagonia. Está situada no leste da provincia, no Departamento Confluencia, do que é cabeceira, e ocupa a franxa de terra próxima á confluencia do río Neuquén e o río Limay que dan orixe ao río Negro. Ten unha poboación de 233.000 habitantes (2010).

Modelo:Xeografía políticaNeuquén
Imaxe

Localización
Mapa
 38°57′07″S 68°03′33″O / -38.95183, -68.05919
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Neuquén
Departamento da Argentina (pt) TraducirConfluencia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación288.896 (2022) Editar o valor en Wikidata (4.585,65 hab./km²)
Xeografía
Superficie63 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude270 m Editar o valor en Wikidata
Creación12 de setembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoCabinet of Neuquén (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoDeliberative Council of Neuquén (en) Traducir , (Escano: 18) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalQ8300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico299 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webneuquencapital.gov.ar Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar

Barrios

editar

A cidade divídese en 46 unidades; entre barrios, a área centro e as súas subdivisións.[1][2]

A área centro está subdividida en áreas Este, tamén coñecida como “el alto”; Sur, entre a vía e a ruta, coñecida como “el bajo”, a máis netamente comercial; e Oeste, a partir da rúa Salta.

A continuación noméanse os barrios agrupados pola súa posición con respecto ao centro. Utilízanse os cuadrantes que resultan de dividir a cidade segundo dous eixos: o eixo norte-sur da avenida Argentina-Olascoaga e o eixo leste-oeste da ruta 22, moi próxima á vía do ferrocarril. Os barrios noméanse ordenados segundo a súa proximidade ao centro:

Norte, na zona da meseta á beira da ruta provincial 7: Mercantil, Coperso, Patagonia, Unipol, Salud Pública, Alta Barda, 14 de Octubre, Copol, Terrazas del Neuquén e, máis afastados ao norte, Jaime de Nevares (que inclúe o Parque Industrial) e Colonia Nueva Esperanza (que se comezou a habitar en 1993 con pequenas explotacións agrícolas).

Noreste: Villa Farell, Mariano Moreno (entre a ruta e a vía) e os lindeiros ao río Neuquén: Santa Genoveva, Provincias Unidas, Sapere e, máis afastado cara ao norte, Rincón de Emilio (que inclúe unha urbanización pechada.

Sudeste: entre a ruta 22 e o río Limay: Belgrano e Confluencia (rural e urbano).

Sudoeste: Situados ao sur do centro e lindeiros á ruta 22: Nuevo e Villa Florencia. Cara ao sur segue Villa María que lle dá nome a un rego que desemboca no Limay. Lindeiros ao río: Río Grande (que inclúe unha urbanización pechada), Limay e Don Bosco (II e III). Máis alá da rúa Ignacio Rivas: La Sirena, lindeiro á ruta 22, e Militar (que inclúe terras do Comando de la Sexta Brigada de Montaña do Exército arxentino) e Valentina Sur (rural e urbano) entre a ruta e o río.

Noroeste: a zona situada ao oeste do centro reúne a maior cantidade de barrios e os barrios máis densamente poboados. Os máis próximos ao centro: Bouquet Roldán (entre a vía e a ruta), Cumelén (lindeiro á vía) Illas Malvinas, Villa Ceferino e Bardas Soleadas, este último ao pé da meseta. Séguenlle: El Progreso (lindeiro á meseta) e Gregorio Álvarez; Huiliches (lindeiro á vía), Unión de Mayo e MELIPAL (ao pé da meseta); Canal V (cortado pola vía), San Lorenzo (norte e sur, este último inclúe unha lagoa[3] e Gran Neuquén (norte e sur) e HIBEPA (que integra os barrios Independencia, Belén, Hipódromo e Alma Fuerte) estes últimos ao pé da meseta. Por último, e en límite con Plottier, atópase Valentina Norte (rural e urbano). Este último inclúe o Aeroporto Internacional Presidente Perón.

  1. http://www.muninqn.gov.ar/ceim/censos/Población_por_Barrio.pdf Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Municipalidad de Neuquén Secretaría de Desarrollo Local, Dirección Municipal de Desarrollo Local, Estadísticas y Censos Centro de Estadística e Información Municipal, Censos, Densidad
  2. http://www.muninqn.gov.ar/ceim/censos/mapa_poblacion_por_Barrios.pdf Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Ibid
  3. [1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar