Río Neuquén

O río Neuquén é un importante curso de auga da Patagonia Arxentina. Corre enteiramente dentro da provincia do mesmo nome, aínda que nos seus últimos quilómetros serve de límite coa provincia de Río Negro, sendo un dos dous ríos máis importantes da provincia, xunto co río Limay.

Río Neuquén
ISS008-E-6023 Pellegrini Lake, Neuquén River.jpg
O Complexo Cerros Colorados, imaxe do radar Shuttle, e o río Neuquén que atravesa de esq. arriba, xira á der. dos lagos e segue abaixo.

ToponimiaEditar

O nome do río provén do idioma mapuche e o seu significado segue sendo obxecto de estudo.

O significado clásico da palabra Neuquén corresponde a Félix San Martín que o deriva de ñedquen que significa 'atrevido, arrogante e audaz'.[1]

Gregorio Álvarez cuestionou o significado anterior, argumentando que parte dunha «etimoloxía caprichosa». Este estudoso identifica na palabra dúas partículas formativas: neu-én, que significa 'forza-ter' e ko-én que significa 'auga-ter', polo que neu-k’en significa 'auga que ten forza' e, aplicado a un río, 'fortemente correntoso'.

Juan Mario Raone ofrece a súa propia versión. Esta cita diversas fontes segundo as cales o nome do río era apócope de neuquelén, que significa 'agarrado da cola do cabalo', que era a forma en que se vadeaba o río historicamente.[2]

O xornalista mapuche Kvrvf Nawel cita a memoria oral mapuche segundo a cal a orixe do nome do río está relacionado coa acción de 'aferrarse os brazos uns aos outros', que en idioma mapuche é nvwken e que esta palabra foi escoitada polos soldados do exército arxentino a mediados do século XIX e dita a berros por un grupo de mapuches que, desta maneira, decidiu cruzar un dos ríos da confluencia para escapar deste exército.[3][4][5]

Unha das primeiras referencias escritas atópase nas crónicas do sacerdote alemán Bernardo Havestadt, no ano 1752, onde no seu diario de travesía conta que pasou a noite do outro lado dun río ameazador chamado Ñudquen.[6]

DetallesEditar

A súa conca abarca case toda a metade norte da provincia homónima, parte da cordilleira dos Andes, e, na súa confluencia co río Limay, forma o río Negro. A súa lonxitude anda polos 400 km.

As súas augas son turbias, produto dos sedimentos que baixan do volcán Domuyo. Na súa canle superior é un bo pesqueiro de troitas, particularmente da troita arco da vella.

No seu tramo inferior forma un val de actividade frutícola intensiva.

Establecéronse ultimamente vides, en particular preto da localidade de San Patricio del Chañar.

Os seus principais afluentesEditar

Complexos hidroeléctricosEditar

Uns 90 km antes da súa desembocadura atópase o complexo hidroeléctrico Cerros Colorados, destinado ao control das ametencias e a xeración de enerxía eléctrica, coa particularidade de que o seu orixinal deseño permitiu non anegar o val do río. Este complexo, xunto co Chocón, permitiron controlar as crecidas do Río Negro e o desenvolvemento do Alto Val do Río Negro.

Así mesmo comezouse co proceso licitatorio (xuño de 2008) para a construción do complexo hidroeléctrico Chihuido I situado a 5 km augas abaixo da súa confluencia co río Agrio. O proxecto consiste na construción dunha represa e unha central hidroeléctrica conectado ao sistema arxentino, capaz de xerar 1900 GWh por ano.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Pablo Fermín Oreja ¿Son los neuquinos 'atrevidos, arrogantes y audaces'? Artigo publicado no diario Río Negro o 8 de xaneiro de 2004.
  2. Raúl Pascuarelli El significado del nombre “Neuquén” continúa siendo tema de investigación. Artigo publicado no diario La Mañana de Neuquén o 15 de setembro de 2004.
  3. Kvruf Nawel. Neuquinos y neuquinas: ¡al sacrificio se ha dicho! Entrada do blog MapuExpress do 9 de outubro de 2013.
  4. Un espacio de interculturalidad Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Artigo do diario La Mañana del Neuquén do día 08-07-2013.
  5. Nvwken: agarrarse habitualmente. En Tulio Cañumil; Darío Cañumil; Marta Berretta. Wixaleyiñ: mapucezugun-wigkazugun pici hemvlcijka. Pequeño diccionario castellano-mapuche - 1ª ed. - Buenos Aires: el autor, 2008. ISBN 978-987-05-4139-4
  6. Memoria chilena Artículos para el bicentenario. Tomo I Prólogo: Ana Tironi Barrios. Biblioteca Biblioteca Nacional de Chile. Páx. 85 Nota 137.

Véxase tamén =Editar

BibliografíaEditar