O río Limay é un importante curso de auga da Patagonia arxentina que ten a súa orixe no lago Nahuel Huapi e flúe en dirección nordés, formando a fronteira entre as provincias de Neuquén e Río Negro, até confluír co río Neuquén na cidade de Neuquén dando lugar ao nacemento do río Negro. Drena unha ampla conca de 63 700 km² e ten unha lonxitude duns 500 km, aínda que se considera a súa fonte máis afastada chega aos 617 km. As súas augas pertencen á conca do océano Atlántico.

Modelo:Xeografía físicaRío Limay
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaArxentina Editar o valor en Wikidata
División administrativaArxentina Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago Nahuel Huapi Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Río Negro, Arxentina Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Negro, Arxentina Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°03′20″S 71°09′06″O / -41.0556, -71.1517
38°59′39″S 68°00′04″O / -38.994092, -68.001073
Afluentes
Características
Dimensións500 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica61.723 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal700 m³/s Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

O nome Limay é de orixe mapuche, co significado de «transparente» ou «límpido».[1][2][3][4]

Xeografía

editar

O río Limay nace no extremo oriental do lago Nahuel Huapi e percorre de xeito cobregueante uns 500 km en dirección noroeste, sumando afluentes como os ríos Traful, Pichileufú, Collón Curá e Picún Leufú, até atoparse co río Neuquén, formando na súa confluencia o río Negro.

A fonte máis afastada do río é a seguinte: fonte do lago Espejo (21,7 km) → río Espejo (1,2 km) → lago Espejo Chico (3,2 km) → río Ruca Malén (2,8 km) → lago Correntoso (17,2 km) → río Correntoso (0,3 km) → lago Nahuel Huapi (74,6 km).

As súas augas son claras, e posúe un importante caudal. A súa conca posúe unha área duns 63 700 km² e inclúe a maioría dos ríos e arroios da conca do atlántico na rexión, como tamén unha extensa rede de lagos interconectados (Nahuel Huapi, Correntoso, Moreno, Gutiérrez). O río posúe unha importante poboación de troitas, e é popular a práctica da pesca, e o descenso en caiacs e balsas.

Caudais

editar

O caudal do río vai aumentando a medida que recibe afluentes. Segundo series de finais de século XX, os seus valores medios en distintos fitos do seu curso son:[5]

Alicurá: 276 m³/s

Piedra del Águila: 713 m³/s

El Chocón - Arroyito: 722 m³/s.

Segundo series de mediados de século XX o caudal medio co que chegaba á confluencia era de 757 m³/s.[6][7]

Aproveitamento hidroeléctrico

editar

Dado que o lago Nahuel Huapi atópase a unha altitude de 764 msnm, instaláronse sobre a canle do Limay sucesivas represas hidroeléctricas coa finalidade de aproveitar a forza hidráulica dispoñible. As mesmas son Alicurá, Piedra del Águila, Pichi Picún Leufú, El Chocón e Arroyito.

Nas súas proximidades, e alimentada con auga do Limay, construíuse a única planta de auga pesada de Suramérica (ENSI).

Imaxes

editar
  1. Aguas patagónicas. Río Limay. Arquivado 10 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Consultado 9/9/14
  2. Inter patagonia, diccionario mapuche. Consultado 9/9/14
  3. Guía Verde, toponimia mapuche Arquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Consultado 9/9/14
  4. Alihuen, diccionario mapudungun Arquivado 10 de setembro de 2014 en Wayback Machine.. Consultado 9/9/14
  5. Secretaría de Energía – República Argentina. Catálogo de Recursos Hídricos. 2003. Páx 44, 48 e 50
  6. Rodríguez, Camilo B. (decembro 1958). "El aprovechamiento del Río Limay y su influencia en la economía energética argentina" (PDF) (No. 5). 
  7. Pulita, Alicia E (coord) Geografía física de Río Negro 1978. Cap. IV El agua, elemento vital. Páx 10 - 12.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar