Río Negro, Arxentina
O río Negro é o curso de auga máis importante da provincia arxentina de Río Negro e tamén da Patagonia en canto ao seu caudal. O seu nome provén da tradución literal do mapuche Curú Leufvú, aínda que as súas augas son dunha cor máis verde escura ca negra.[1] Antigamente era coñecido tamén como río dos Salgueiros debido á gran cantidade de salgueiros choróns que hai nas súas beiras. Ten unha lonxitude de 635 km, aínda que cunha das súas cabeceiras, o río Limay, a lonxitude total do sistema fluvial Negro-Limay chega aos 1252 km.[2]
(es) Río Negro | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | América do Sur | |||
País da cunca | Arxentina | |||
División administrativa | Provincia de Río Negro, Arxentina | |||
Localización | Río Limay | |||
Final | ||||
División administrativa | mar a fóra | |||
Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 635 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 132.275 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 1.014 m³/s | |||
Xeografía
editarO río Negro nace nominalmente da confluencia dos ríos Limay e Neuquén, no extremo oriental da provincia de Neuquén, e flúe en dirección oeste-sueste en territorio rionegrino até chegar ao océano Atlántico cerca do balneario El Cóndor, 30 quilómetros ao sur de Viedma, capital da provincia. No último tramo do seu curso constitúe o límite natural entre a provincia de Río Negro e a Provincia de Buenos Aires.[3]
É un río de carácter alóctono, xa que non recibe afluentes, con gran cantidade de meandros e illas fluviais, destacando pola súa superficie a de Choele Choel.[4] Discorre entre as bardas ou terrazas que forman as mesetas patagónicas, a través dun val de inundación de largo variable e terras moi fértiles produto da sedimentación.
A súa conca está altamente humanizada, xa que o seu caudal encóntrase regulado polas presas que se encontran nos ríos Limay e Neuquén e repártese entre diversos canais de rego.[5] A fertilidade do val aproveitouse para xerar un oasis dentro da rexión, no que se cultivan gran cantidade de froitas e hortalizas.[6] O val constitúe a área máis densamente poboada de toda a Patagonia. A conca do río divídese xeralmente en tres partes: Alto Val do Río Negro, ao oeste, onde se encontran, entre outras, as cidades de General Roca, Cipolletti e Villa Regina; Val Medio centrado na cidade de Choele Choel; e o Val Inferior na desembocadura do río, con Viedma como a cidade máis importante desta área.[7]
Notas
editar- ↑ "Mapuche. Lengua y cultura".
- ↑ O río Limay, de 500 km, chega aos 617 km coa súa fonte máis afastada: fonte do lago Espejo (21,7 km) → río Espejo (1,2 km) → lago Espejo Chico (3,2 km) → río Ruca Malén (2,8 km) → lago Correntoso (17,2 km) → río Correntoso (0,3 km) → lago Nahuel Huapi (74,6 km). Por iso o sistema Negro-Limay chega aos 1252 km.
- ↑ Archuby, Fernando; Salgado, Leonardo; Brezina, Soledad (setembro de 2016). "Dos orillas, dos mundos: paleontología del Alto Valle del río Negro" (PDF). El ojo del cóndor: 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Goberno de Río Negro".
- ↑ "La cuenca".
- ↑ Membribe, Anahí (15 de novembro de 2014). "Análisis crítico de la cartografía histórica del valle de Río Negro". Boletín Geográfico (Neuquén): 63–81. ISSN 0326-1735. Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Viedma, Río Negro".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Negro, Arxentina |