Provincia de Buenos Aires
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
A provincia de Buenos Aires[3], ou tamén provincia de Bos Aires, é unha das 23 provincias que compoñen a Arxentina. Pola extensión, poboación e relevancia das súas actividades económicas é considerada a máis importante do país.
Provincia de Buenos Aires | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Entidade | Provincia | ||
Capital | La Plata (desde o 19 de novembro de 1882)[1] | ||
Poboación da capital | 563.943 habitantes | ||
Xeografía | |||
Altitude | [2] Máxima: Cerro Tres Picos, 1.239 msnm | ||
Superficie | 307.571 [2] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 15.594.428 hab. (2010) | ||
Densidade | 50,7 hab./km² [2] | ||
Xentilicio | Bonarense | ||
Outros datos | |||
Código postal | CPA B | ||
Alcalde | Axel Kicillof | ||
Portal Oficial da Provincia de Buenos Aires |
Limita ao norte coas provincias de Entre Ríos e Santa Fe, ao oeste coas provincias de Córdoba, Pampa e Río Negro, ao sur e ao leste co Atlántico e ao nordeste co Río da Plata. No seu nordeste atópase a Cidade de Bos Aires, que dende 1880 non forma parte da provincia. A súa capital é a cidade de La Plata.
Con 307.571 km² de extensión, é a provincia arxentina máis extensa, ocupando o 11,06% da súa superficie total. O partido de Patagones é o máis extenso da provincia con 13.600 km², e o de Vicente López é o menos extenso, con 33 km².[4]
A súa poboación aproximada é de quince millóns de habitantes segundo o Censo da Arxentina de 2001,[5] co cal é a provincia máis poboada da República Arxentina. Está conformada por parte do Gran Buenos Aires, con 9.270.661 habitantes, máis o que se considera o interior con 4.556.542 habitantes. É unha das provincias con maior densidade de poboación, equivalente a 48,05 habitantes por km², só superada pola Cidade Autónoma de Buenos Aires e a provincia de Tucumán.
NotasEditar
- ↑ Anteriormente, Cidade de Bos Aires, ata a súa conversión en Capital Federal.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Buenos Aires La provincia". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2010. Consultado o 20 de agosto de 2011.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bonaerense.
- ↑ Datos sobre a provincia Arquivado 17 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Censo 2001 - Resultados provinciais - Provincia de Bos Aires Arquivado 19 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Buenos Aires |