Provincia de Entre Ríos
| |||
Lema | Federación, libertad y fuerza | ||
Himno | Marcha de Entre Ríos | ||
Capital poboación (ano) |
Paraná 247.863 habitantes (2010) | ||
![]() | |||
Gobernador | Gustavo Bordet (PJ) | ||
Superficie | 78.781 km² | ||
Poboación Densidade |
1.236.300 hab.(2010) 15,69 hab./km² | ||
Xentilicio | Entrerriano |
A provincia de Entre Ríos é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.236.300 habitantes (2010),[1] sendo a sétima provincia máis poboada do país, co 3,1% da poboación total nacional. A súa capital é Paraná.
Forma parte da Rexión Centro, aínda que tamén se inclúe como parte da Mesopotamia conformada polos ríos Uruguai e Paraná, no Litoral arxentino. Limita polo sur coa Provincia de Buenos Aires, polo oeste coa Provincia de Santa Fe, polo norte coa Provincia de Corrientes e polo leste coa República Oriental do Uruguai.
Con 78.781 quilómetros cadrados (distribuídos territorialmente en 66 976 km² de terra firme e 11 805 km² de illas e terras anegadizas), é a décima sétima provincia máis extensa do país, ocupando o 2,83 % da superficie total do mesmo.
A miúdo defínese como unha provincia de carácter "insular", por estar rodeada por ríos e arroios. Os seus principais accesos están constituídos por pontes e un túnel subfluvial. A rede de auga superficial e profunda, a través de acuíferos e apta para o consumo inmediato, é até 12 veces maior que en calquera outra provincia arxentina.[2]
A provincia tivo un destacado papel na etapa de organización nacional; sendo Territorio Federal da Capital do país durante a presidencia de Justo José de Urquiza.
NotasEditar
- ↑ "Datos do censo 2010". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 04 de agosto de 2013.
- ↑ Agua, el tesoro líquido de Entre Ríos lanacion.com. Consultado o 4 de agosto de 2013.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |