Departamento de Salto
Salto é un departamento uruguaio situado no noroeste do país.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Uruguai | ||||
Capital | Salto | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 124.878 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Altitude | 88 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1837 | ||||
ISO 3166-2 | UY-SA | ||||
Páxina web | salto.gub.uy |
Limita polo norte con Artigas, polo leste con Rivera e Tacuarembó, polo sur con Paysandú, e polo oeste coa provincia arxentina de Entre Ríos, achándose como fronteira o río Uruguai.
A súa superficie total é de 14.163 km², e ten unha poboación estimada de 123.120 habitantes segundo o censo de 2004.[1] A capital departamental é Salto, situada a 502 km respecto a Montevideo.
Historia
editarO pobo foi fundado o 8 de novembro de 1756, sendo elevado o 8 de xuño de 1863 á categoría de cidade. O departamento foi creado o 17 de xuño de 1837 en territorios que antes pertencían ao departamento de Paysandú, e incluía nos seus inicios ao actual departamento de Artigas.