Departamento de Artigas

O departamento de Artigas é un dos dezanove departamentos nos que se divide administrativamente o territorio do Uruguai. A súa capital é a cidade de Artigas.

Modelo:Xeografía políticaDepartamento de Artigas
Artigas (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 30°37′27″S 56°56′42″O / -30.6242, -56.945Coordenadas: 30°37′27″S 56°56′42″O / -30.6242, -56.945
EstadoUruguai Editar o valor em Wikidata
CapitalArtigas Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación73.378 (2011) Editar o valor em Wikidata (6,15 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie11.928 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude100 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de outubro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2UY-AR Editar o valor em Wikidata

Áchase no norte do estado, limitando polo norte e leste co Brasil, do cal está separado polo Río Cuareim; polo sur, co departamento de Salto e polo oeste coa República Arxentina, co río Uruguai no medio. No seu vértice noroeste atópase a cidade de Bella Unión, que recibe ese nome debido a que se encontra na fronteira co Brasil e a Arxentina.

Xeografía editar

Orografía editar

No seu solo aflora case exclusivamente o basalto, parte do gran manto volcánico que cobre 800.000 km² na conca dos ríos Paraná e Uruguai. A cuchilla de Belén recorre o departamento de leste a oeste, dividindo as choivas e levando as súas augas cara ao río Cuareim, ao norte, e cara ao río Arapey Chico, ao sur.

Hidrografía editar

A paisaxe dá lugar a pequenas quebradas que albergan cursos de augas. Cara ao río Cuareim flúen longos arroios, como o Cuaró, o Tres Cruces, o Yacutujá e o Catalán.

Toponimia editar

Característica salientábel do departamento de Artigas é a súa toponimia de orixe guaraní. Ríos, arroios, cerros, flora e fauna conservan as voces dos antigos poboadores.[1]

Goberno editar

O Departamento de Artigas está gobernado pola Intendencia Municipal de Artigas.

Historicamente foi un departamento con neto predominio colorado. Nas eleccións de 1958, amplamente gañadas polo Partido Nacional, o único departamento que mantivo unha Intendencia colorada foi Artigas. Mais a crise económica do 2002 afundiu ao Partido Colorado e fixo que por primeira vez Artigas tivese un intendente branco: Julio Silveira.

Economía editar

 
Plantacións en Bella Unión, no norte do departamento.

Os recursos naturais determinan tres actividades. Na maior parte explótase a gandaría extensiva, con bovinos e ovinos, e produtos de granxa. Nas pradeiras pardas, negras e areosas próximas a Salto predomina a actividade agrícola, en especial o cultivo de arroz, trigo, millo e cítricos. Ao sur da capital de Artigas, predominan a explotación de arenitas de Tacuarembó e do basalto. Esa zona ten unha explotación agrícola de baixo rendemento económico. Tamén existe unha explotación mineira, sen gran desenvolvemento, de pedras semipreciosas —principalmente ágatas e ametistas— na conca dos arroios Seco, Tres Cruces e Cuaró e nas ladeiras de Yacaré, Cururú, Belén e Catalán. A actividade industrial caracterízase polo tallado de pedras semipreciosas, elaboración de curtidos, o enxeño azucreiro, a industria madeireira e o conxelado de froitas e verduras.

Entre os seus atractivos turísticos conta co parque sobre o río Cuareim e a Barra en Bella Unión.

Principais centros urbanos editar

(Vilas ou cidades cunha poboación de 1.000 ou máis persoas - datos do censo do 2004.[2])

Cidade/Pobo Poboación
Artigas 41.687
Bella Unión 13.187
Tomás Gomensoro 2.818
Baltasar Brum 2.472
Las Piedras 2.472
Pintadito 1.487

Notas editar

  1. "Tacuy". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 22 de novembro de 2009. 
  2. "INE - Censo Fase I - Divulgación de resultados". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2009.