Valdivia

cidade e municipio chileno

Valdivia é unha comuna, cidade e un municipio chileno da provincia de Valdivia, que tamén é capital da XIV rexión de Los Ríos. A cidade é situada na costa do Pacífico, nas proximidades do Río Calle-Calle. Valdivia dista uns 841 km da urbe de Santiago de Chile.

Modelo:Xeografía políticaValdivia
Imaxe

EpónimoPedro de Valdivia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 39°48′51″S 73°14′45″O / -39.8142, -73.2459
EstadoChile
RexiónRexión de Los Ríos
ProvinciaProvincia de Valdivia
ComunaValdivia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación150.048 (2017) Editar o valor en Wikidata (3.272,58 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie45,85 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Mariquina (pt) Traducir
Paillaco (pt) Traducir
Los Lagos (pt) Traducir
Máfil (pt) Traducir
Corral (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1552 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoCarla Amtmann (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5090000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webmunivaldivia.cl Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O primeiro gobernador de Chile, Pedro de Valdivia, enviou ao almirante Juan Bautista Pastene á zona, quen explorou a baía de Corral no 1544, e logrou bautizar a zona co nome do seu superior. Máis tarde, o 9 de febreiro de 1552, Valdivia fundou a cidade co nome de Santa María la Blanca de Valdivia sobre unha aldea indíxena chamada Ainil. No 1598, despois do desastre de Curalaba, Valdiva foi abandonada e destruída polos nativos huilliches. Foi repoboada en 1645, pero os arredores foron controlados polos indíxenas Lafkenche-huilliche.

A cidade creceu e formouse un importante porto, o seu río é un dos poucos ríos navegables do país, e na época, Valdivia foi a cidade máis austral de Chile con numerosos e ben equipados fortes militares[1]. No 1821 foi capturada polos independentistas de Chile. Na época, foi lanzada oficialmente a colonización alemá e no 1850 chegan os primeiros á zona impulsando a industrialización. Tamén queimaron grandes áreas de pluviselva valdiviana para conseguir terras agrícolas. En 1909, un grande incendio destruíu o centro da cidade que logo foi reconstruído[2]. O 1960, o 22 de maio foi rexistrado o terremoto máis forte na historia da Terra,[Cómpre referencia] cunha magnitude é de 9,5 Richter (Terremoto de Chile de 1960), que destruíu o 40% da cidade. Desde o 2 de outubro de 2008, entrou en vigor a nova rexión chilena de Los Ríos XIV, da cal Valdivia é capital.

Galería de imaxes

editar

Cidades irmandadas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar