Winchester
Coordenadas: 51°3′48″N 1°18′29″O / 51.06333, -1.30806
Winchester é unha cidade e capital do condado de Hampshire, Inglaterra. A cidade atópase no corazón da cidade de Winchester, un distrito do goberno local e está situada no extremo occidental do parque nacional de South Downs, ó longo do curso do río Itchen.[1] Atópase a 98 quilómetros ó suroeste de Londres e 21.9 km de Southampton, a súa cidade máis achegada. Segundo o censo de 2011, Winchester tiña unha poboación de 45 184. O distrito da cidade de Winchester inclúe as vilas de Alresford e Bishop's Waltham, cunha poboación total de 116 800.[2]
Winchester | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Catedral de Winchester. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Noroeste de Inglaterra | |
Condado | Hampshire | |
Demografía | ||
Poboación | 45 184 (2011) | |
Densidade | hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | SO22 e SO23 | |
Páxina oficial |
Winchester desenvolveuse a partir da vila romana de Venta Belgarum, que á súa vez era un oppidum da Idade de Ferro. O principal atractivo de Winchester é a súa catedral, unha das meirandes catedrais de Europa, que salienta por ter a nave máis longa e a maior lonxitude total de tódalas catedrais góticas de Europa. A cidade alberga a Universidade de Winchester e o Winchester College, a escola pública máis antiga do Reino Unido que aínda emprega os seus edificios orixinais.
Notas editar
- ↑ Landranger 185: Winchester & Basingstoke. Ordnance Survey. 2005. ISBN 978-0-319-22884-5.
- ↑ "2011 Census: KS101EW Usual resident population, local authorities in England and Wales". National Statistics. Consultado o 5 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Winchester |
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial (en inglés)