Arras, Francia
Arras (Arro na lingua tradicional da cidade o picardo e Atrecht en neerlandés ) é un concello de 43.567 habitantes, capital do departamento do Paso de Calais.
HistoriaEditar
En orixe foi un asentamento da tribo celta dos atrebates, posteriormente os romanos convertérona nunha gornición co nome de Atrebatum.
Durante séculos Arras estivo na fronteira entre Francia e os Países Baixos, e frecuentemente cambiou de donos antes de se vencellar permanentemente a Francia en 1654. A Unión de Atrecht asinouse aquí en xaneiro de 1579 polos estados dos Países Baixos leais a Filipe II de España, o que provocou a declaración da Unión de Utrecht a fins dese mes.
Durante a primeira guerra mundial, Arras estivo na primeira liña de fronte e unha longa serie de batallas coñécense como a Batalla de Arras e a cidade foi fortemente danada e tivo que se reconstruír despois da guerra. Na segunda guerra mundial os alemáns ocuparon a cidade e executaron a 240 franceses sospeitosos de pertencer á Resistencia francesa.
AdministraciónEditar
O alcalde de Arras é Frédéric Leturque, do centrista Unión dos Demócratas e dos Independentes, que en 2014 substituíu o retirado alcalde do MoDem Jean Marie Vanlerenberghe[1].
NotasEditar
- ↑ Resultados das eleccións municipais de 2014 na web de Le Monde.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arras, Francia |
Ligazóns externasEditar
- Web oficial de turismo Arquivado 02 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en francés)