Rally Illas Canarias de 2020
O Rally Illas Canarias de 2020 foi a 44ª edición de dito rally, a quinta proba da tempada 2020 do Campionato de Europa de Rally, do Campionato de España de Rallys e a sexta do Súper Campionato de España de Rallys.
Tipo | Tempada 2020 do Campionato de España de Rallys |
---|---|
Localización e Datas | |
País | España |
Tempada 2020 do Campionato de España de Rallys | |
2020 European Rally Championship (en) |
Celebrouse do 26 ao 28 de novembro e contou cun itinerario de dezasete tramos que sumaron un total de 201,93 km cronometrados. Tamén foi puntuable para os campionatos ERC 2, ERC 3, ERC Ladies, ERC 3 Junior, ERC 1 Junior e a Abarth Rally Cup.[1]
A proba estaba prevista para os días 9 e 10 de maio, pero a pandemia de coronavirus causou cambios no calendario e cancelacións, véndose a organización obrigada a cambiar a data; primeiro para os días 3 e 5 de novembro e finalmente para os días 26 e 28 do mesmo mes.[2] A pandemia tamén afectou ao funcionamento normal da proba. O epicentro do rally trasladouse dende o parque Santa Catalina, onde se tiña celebrado en anos anteriores, ata a contorna do estadio de Gran Canaria onde se realizaron as verificacións, a cerimonia de saída e onde se instalou o parque de traballo.[3]
O vencedor foi o francés Adrien Formaux cun Ford Fiesta Rally2, por diante do tamén francés Yoann Bonato e do galego Iván Ares. O sétimo posto do ruso Alexei Lukianuk serviulle para coroarse campión de Europa por segunda vez, mentres que Pepe López gañou neste rally os títulos do Campionato de España e do Súper Campionato de España, en ambos casos por segunda vez consecutiva.[4]
Itinerario
editarDía | Treito | Nome | Distancia | Tempo | Gañador | Tempo | Líder |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Día 1 | TC1 | Valsequillo 1 | 11,91 km | 10:08 | Nil Solans | 8:27.4 | Nil Solans |
TC2 | San Mateo - Disa 1 | 12,01 km | 10:30 | Nil Solans | 8:30.1 | ||
TC3 | Artenara 1 | 12,21 km | 11:02 | Iván Ares | 7:13.2 | ||
TC4 | Tejeda 1 | 12,95 km | 11:24 | Nil Solans | 9:17.1 | ||
TC5 | Valsequillo 2 | 11,91 km | 14:47 | José Antonio Suárez | 7:51.5 | ||
TC6 | San Mateo - Disa 2 | 12,01 km | 15:09 | Alexei Lukianuk | 7:58.9 | ||
TC7 | Artenara 2 | 12,21 km | 15,41 | Adrien Formaux | 6:55.9 | ||
TC8 | Tejeda 2 | 12,95 km | 16:03 | Adrien Formaux | 8:50.2 | Iván Ares | |
TC9 | Las Palmas de Gran Canaria - DISA | 1,53 km | 18:13 | Andreas Mikkelsen | 1:14.1 | ||
Día 2 | TC10 | Eco vales - Disa 1 | 14,17 km | 10:04 | Yoann Bonato | 9:27.0 | Adrien Formaux |
TC11 | Galdar 1 | 12,40 km | 10:37 | Nil Solans | 8:21.9 | Nil Solans | |
TC12 | Moya 1 | 12,70 km | 11:28 | Yoann Bonato | 8:02.6 | Adrien Formaux | |
TC13 | Arucas 1 | 11,85 km | 11:58 | Alexei Lukianuk | 7:04.7 | ||
TC14 | Eco vales - Disa 2 | 14,17 km | 14:13 | Iván Ares | 9:23.1 | ||
TC15 | Galdar 2 | 12,40 km | 14:46 | Andreas Mikkelsen | 7:32.5 | ||
TC16 | Moya 2 | 12,70 km | 15:37 | Andreas Mikkelsen | 7:50.9 | ||
TC17 | Arucas 2 (TC +) | 11,85 km | 16:07 | Pepe López | 6:34. |
Clasificación final
editarNotas
editar- ↑ "44. Rally Islas Canarias 2020". ewrc-results.com (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "El Rally Islas Canarias adelanta una semana su fecha de celebración". rallyislascanarias.com (en castelán). 11 de xuño de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "El Rally Islas Canarias traslada su sede al Estadio de Gran Canaria". rallyislascanarias.com (en castelán). 22 de outubro de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "El Islas Canarias destroza los guiones previos con la sorpresa de Fourmaux-Jamoul" (en castelán). 28 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en castelán).
- Rally Illas Canarias de 2020 en ewrc-results.com (en inglés).
Predecesor: Rally de La Nucía-Mediterráneo |
Campionato de España de Rally Tempada 2020 |
Sucesor: Rally Comunidad de Madrid |