Campionato de España de Rallys

(Redirección desde «Campionato de España de Rally»)

O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo.

Campionato de España de Rallys
Fundación1966
RexiónEspaña España
Actual campiónEspaña Pepe López
Máis laureadoEspaña Antonio Zanini (8)
España Jesús Puras (8)
OrganizadorReal Federación Española de Automobilismo
Sitio webcera-rallyesdeasfalto.com
Tempada 2020 do Campionato de España de Rallys

Calendario editar

Na edición de 2020 do Campionato de España dispútanse 8 rallys, 2 deles en terras galegas:

Historia editar

Anos 1950-1960 editar

Aínda que xa existían probas de rally anteriormente España, como o Rally Costa Brava e o Rally Nacional do RACE, que levaban celebrándose ambas desde 1953, o Campionato de España non naceu ata 1956. Ese ano a Real Federación Española de Automobilismo creou as bases do que inicialmente chamou "Campionato de España de condutores de rallys" e que combinaba probas tanto de rally como de circuíto e montaña.

O gañador da primeira edición foi Javier Sanglas cun Alfa Romeo Giulietta Veloce co que venceu en probas como o Rally Ibérico.[1][2] Na segunda edición o campionato estaba limitado a condutores españois con licenza de condutor expedida polo Real Automóbil Club de España. O calendario estaba composto por seis probas: 2º Trofeo de Montaña (21 de abril), 5º Rally RACE (30 de maio - 2 de xuño), Volta a Cataluña (28-30 de xuño), Rally dos Pireneos (28 de setembro - 1 de outubro), 2º Rally Ibérico (17-20 de outubro) e circuíto descoñecido (3 de novembro). O certame tivo carácter anual e para proclamarse campión de España era obrigatorio participar no Rally RACE e no Rally Ibérico.​ O gañador foi Fernando Roqué cun Alfa Romeo Sprint Veloce. O campión de 1958 foi o militar Jaime Milans del Bosch a bordo dun SEAT 1400 B.

 
Sergio Vallejo, pilotando o Porsche 977 GT3 co cal gañou o campionato en 2009.

Víctor Sagi foi o gañador en 1960 cun Porsche 356, mentres que os BMW 700 de Juan Fernández e Mariano Lorente venceron nas dúas seguintes edicións. Os seguintes anos estiveron dominados pola familia Juncosa, proclamándose campión primeiro Jaime, e logo os seus fillos Jaime Jr. e Manuel, sumando catro títulos entre os tres. Tamén nesa época fixo a súa aparición o francés Bernard Tramont, que gañou o certame en dúas ocasións na modalidade GT cun Renault Alpine A110.

Anos 1970 editar

En 1971 configurouse como Campionato de España de Condutores de Rally e constou só de probas de rally. O calendario incluía 20 rallys: Rally Fallas, Rally Costa Brava, Rally Vasco-Navarro, Critérium Guillerías, Critérium Luis de Baviera, Ruta do Salmón-Cidade de Xixón, 500 km Nocturnos Bujías Bosch, Critérium da Rioxa, Rally de Ourense, Rally do Cid, Rally Rías Baixas, Rally Bosch, Rally Cidade de Oviedo, Rally do Sherry, Rally de España, Rally Firestone, Rally Barcelona-Andorra, Rally 2000 Viraxes e Rally Costa do Sol, que deron como vencedor a Lucas Sainz, copilotado por Juan Carlos Oñoro e a bordo dun Alpine 1490, con algunha incursión nun Renault R8 TS. Disputouse ao mesmo tempo o campionato de España feminino de rallys,​ certame que se organizou durante oito anos. Ata 1972 só se disputou el campionato de pilotos, introducíndose en 1973 o certame de marcas, sendo SEAT o primeiro vencedor.​ Durante os seguintes cinco anos o piloto catalán Antonio Zanini proclamouse campión sempre con modelos da casa SEAT. A partir de 1975 a Federación, para animar aos pilotos a participar en competicións internacionais, decidiu facer puntuables probas do estranxeiro, como o 24 Horas de Ypress, o Rally de Polonia, o Rally de Portugal ou o Rally de San Martino di Castrozza.​ En 1980 comezouse a premiar tamén a categoría de vehículos do Grupo N.

Anos 1980 editar

O calendario sufriu moitos cambios na década de 1980, aumentando e reducindo o número de probas (28 en 1982, 10 en 1988). En 1983 creouse o Campionato de España de Rallys de Terra e o Campionato Internacional de Rally, co propósito de motivar aos pilotos a competir fóra de España. De 1984 a 1992 disputouse tamén a Copa de España de Rally, paralela ao Campionato de España.

Durante esta década Antonio Zanini elevou a súa cifra de títulos ata oito, gañando o último deles en 1984 cun Ferrari 308 GTB. Salvador Serviá gañou os dous seguintes campionatos cun Lancia Rally 037, mentres que Carlos Sainz cun Ford Sierra RS Cosworth foi o vencedor en 1987 e 1988, no segundo deles tendo como copiloto ao coruñés Luís Moya co que gañaría logo dous Campionatos do Mundo. O BMW M3 de Pep Bassas foi o vencedor en 1989.

Anos 1990 editar

Entre 1990 e 2002, o cántabro Chus Puras igualou o récord de Antonio Zanini, logrando el título en oito ocasiones e con dúas marcas diferentes: Lancia e Citroën, gañando con esta última en seis ocasións, dúas co Citroën ZX, tres co Citroën Xsara Kit Car e unha co Xsara WRC. Tan só en cinco ocasións outros pilotos puideron gañar o campionato entre 1990 e 2002, algúns aproveitando a non participación de Chus Puras: Ponce (1991), Bardolet (1993), Oriol Gómez (1994), Climent (1996) e Monzón (2001).

 
Alberto Hevia, no seu Skoda Fabia S2000, co que foi campión de España no ano 2010.

Anos 2000 editar

A partir de 2003 comezaron a triunfar os vehículos da categoría Super 1600, logrando o campionato Miguel Ángel Fuster (2003), Alberto Hevia (2004), Dani Sordo (2005) e Dani Solá (2006) con estes automóbiles, para logo deixar paso a outra categoría, a Super 2000, que só cedeu un título fronte ao Porsche 997 dos irmáns lucenses Sergio e Diego Vallejo.

Anos 2010 editar

Na década de 2010 Miguel ángel Fuster gañou catro títulos máis, elevando a súa conta ata 6, mentres que os irmáns Vallejo conquistaron o seu segundo campionato en 2014. O aragonés Cristian García e o piloto de Cambre Iván Ares coroáronse en 2016 e 2017 respectivamente, mentres que o madrileño Pepe López gañou cun Citroën C3 R5 as dúas derradeiras edicións do campionato, en 2019 e 2020.

En 2021 a RFEDA realizou modificacións nos campionatos, convertendo ao Súper Campionato de España no principal certame, combinando probas de aslfalto con probas de terra. Deste xeito desapareceron os antigos campionatos de asfalto e terra, e creándose no seu lugar a Copa de España de Rallys de Asfalto e a Copa de España de Rallys de Terra como certames de segundo nivel.[3][4]


Palmarés editar

Ano Campión Copiloto Coche
1956   Javier Sanglas   Pilar Lleo Alfa Romeo Giulietta Veloce
1957   Fernando Roqué   Alfonso Marimón Alfa Romeo Sprint Veloce
1958   Jaime Milans del Bosch Forest SEAT 1400 B
1959   Luciano Eliakin   "Pascal" Saab 93
1960   Víctor Sagi   Antonio Agramunt Porsche 356 1600 GT
1961   Juan Fernández   Ramón Grifoll BMW 700 CS
1962   Mariano Lorente   Jesús Sáez BMW 700 SC
1963   Jaime Juncosa   Jaime Juncosa Jr.
  Manuel Juncosa
SEAT 600 Abarth
Fiat Abarth 850
1964   Jaime Juncosa Jr.   Varios copilotos Abarth 1000 TC
1965   Jaime Juncosa Jr.   Artemio Eche
1966   Juan Fernández   Vidal-Ribas Porsche 911 (GT)
  Jaime Samsó   Varios copilotos Mini Cooper S (Turismos)
1967   Bernard Tramont   Ricardo Muñoz Renault Alpine (GT)
  Manuel Juncosa   Artemio Eche Fiat 850 TC (Turismos)
1968   Bernard Tramont   Ricardo Muñoz Renault Alpine (GT)
  Alberto Ruiz Giménez   Varios copilotos Renault 8 Gordini (Turismos)
1969   José María Palomo   Jorge Adell Porsche 911 R
1970   Ruiz Giménez   Rafael Castañeda Porsche 911
1971   Lucas Sainz   Juan Carlos Oñoro Renault Alpine
1972   Salvador Cañellas   Daniel Ferrater SEAT 124
1973   Jorge Babler   Ricardo Antolín SEAT 124
1974   Antonio Zanini   Eduardo Martínez SEAT 124/1800
1975   Antonio Zanini   Víctor Sabater SEAT 124/1800
1976   Antonio Zanini   Víctor Sabater SEAT 124/1800
1977   Antonio Zanini   Juan José Petisco SEAT 124/1800
1978   Antonio Zanini   Juan José Petisco SEAT 131 Abarth
1979   Jorge de Bagration   Nuria Llopis Lancia Stratos HF
1980   Antonio Zanini   Víctor Sabater Porsche 911 SC
1981   Jorge de Bagration   Víctor Sabater Lancia Stratos HF
1982   Antonio Zanini   Víctor Sabater Talbot Lotus Sumbean
1983   Genito Ortíz   Ramón Mínguez
  Susi Cabal
Renault 5 Turbo
1984   Antonio Zanini   Josep Autet Ferrari 308 GTB
1985   Salvador Serviá   Víctor Sabater Lancia Rally 037
1986   Salvador Serviá   Víctor Sabater Lancia Rally 037
1987   Carlos Sainz   Antonio Boto Ford Sierra RS Cosworth
1988   Carlos Sainz   Luis Moya Ford Sierra RS Cosworth
1989   Pep Bassas   Antonio Rodríguez BMW M3
1990   Chus Puras   José Arrarte Lancia Delta Integrale 16V
1991   José María Ponce   José Carlos Déniz BMW M3
1992   Chus Puras   José Arrarte Lancia Delta HF Integrale
1993   Mia Bardolet   Joaquim Muntada Opel Astra GSI
1994   Oriol Gómez   Marc Martí Renault Clio Williams
1995   Chus Puras   Àlex Romaní Citroën ZX 16V
1996   Luís Climent   José Antonio Muñoz Citroën ZX 16V
1997   Chus Puras   Carlos del Barrio Citroën ZX Kit Car
1998   Chus Puras   Carlos del Barrio Citroën Xsara Kit Car
1999   Chus Puras   Marc Martí Citroën Xsara Kit Car
2000   Chus Puras   Marc Martí Citroën Xsara Kit Car
2001   Luís Monzón   José Carlos Déniz Peugeot 206 WRC
2002   Chus Puras   Carlos del Barrio Citroën Xsara T4
2003   Miguel Ángel Fuster   José Vicente Medina Citroën Saxo Kit Car
2004   Alberto Hevia   Alberto Iglesias Renault Clio S1600
2005   Dani Sordo   Marc Martí Citroën C2 S1600
2006   Dani Solá   Xavier Amigo Citroën C2 S1600
2007   Miguel Ángel Fuster   José Vicente Medina Fiat Grande Punto S2000
2008   Enrique García Ojeda   Jordi Barrabés Peugeot 207 S2000
2009   Sergio Vallejo   Diego Vallejo Porsche 997 GT3
2010   Alberto Hevia   Alberto Iglesias Škoda Fabia S2000
2011   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3
2012   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3
2013   Luis Monzón   José Carlos Déniz Mini Cooper WRC
2014   Sergio Vallejo   Diego Vallejo Porsche 997 GT3
2015   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3
2016   Cristian García   Rebeca Liso Mitsubishi Lancer Evo X
2017   Iván Ares   José Antonio Pintor Hyundai i20 R5
2018   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Ford Fiesta R5
2019   Pepe López   Borja Rozada Citroën C3 R5
2020   Pepe López   Borja Rozada Citroën C3 R5

Notas editar

  1. Gibert, Francisco de S. (1 de febreiro de 1957). "Automovilismo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2021. 
  2. "El I Rallye Automovilista Ibérico" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 7 de novembro de 1956. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  3. "Calendario 2021 del Supercampeonato de España de Rallyes". todoformula1.net/ (en castelán). 29 de decembro de 2020. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  4. "En 2021 verán la luz sendas Copas de España, la de Rallyes de Asfalto y la de Rallyes de Tierra". motoralicante.com (en castelán). 16 de novembro de 2020. Consultado o 11 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar