Mia Bardolet

piloto catalán de automobilismo

Josep Maria Bardolet, nado en Vic o 22 de febreiro de 1964, é un expiloto de rally catalán, máis coñecido como Mia Bardolet.

Mia Bardolet
Nome completoJosep Maria Bardolet Casellas
Nacemento22 de febreiro de 1964
Lugar de nacementoVic
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally e piloto de automobilismo
Na rede
Facebook: mia.bardolet.5 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gañou o Campionato de España de Rallyes de Terra 1991 e o de Asfato en 1993, e o Grupo N en 1989.

Traxectoria editar

Inicios editar

Comezou a competir a principios da década dos 80, primeiro no Campionato Zanini-Racing e logo no Campionato Catalán de Rally.

Máis tarde, en 1985 gaña Volant RACC con un Renault 5 Copa e ao ano seguinte en 1986 pasa a ser piloto semioficial de Citroën onde conducindo un Citroën Visa GTI gañou o Campionato Catalán en 1986 logo de conseguir dúas vitorias.

Posteriormente, en 1987 repetiu título e disputou por primeira vez unha proba nacional, fóra de Cataluña, o Rallye Valeo e disputou en 1988 o Campionato de España de Asfalto, como piloto semioficial de Citroën, cambiando a un Citroën AX Sport, a partir do 4º rallye.

Anos en Ford editar

En 1989 chegoulle a grande oportunidade e ficha por Ford España, para pilotar un Ford Sierra Cosworth Gr:N, co reto de reeditar para Ford, o título Nacional do Gr:N, conquistado un ano antes polo seu compañeiro Jesús Puras. Bardolet domina o campionato, e faise co título a falta dunha proba, finalizando cuarto na clasificación Xeral Absoluta.

En 1990 pasa a ser o piloto Nº1 de Ford España, e pilota o Ford Sierra RS Cosworth Gr:A, no Nacional de Asfalto. Consegue dúas vitorias no apartado Nacional, Rallye Cataluña e Rallye Valeo, pero con 4 abandonos, e cun coche en clara desvantaxe con respecto o Lancia Delta de Jesús Puras, finalizou de novo cuarto o final da tempada. Ese mesmo ano participou no Campionato de Rallyes de Terra, co novo Ford Sierra Cosworth 4X4, conseguindo gañar no primeiro rallye, o Rally de Alacant, e tamén no Rally de Talavera, esta coa futura arma de Ford Motorsport, o Ford Escort RS Cosworth, sendo esta a 1ª carreira e a 1ª vitoria do Escort Cosworth a nivel mundial.

En 1991 Ford, centrouse no Campionato de Terra, e con un inicio moi forte, conseguiu manterse líder, para finalmente proclamarse Campión de España de Rallyes de Terra. Ese mesmo ano tamén correu dúas probas de asfalto, Osona con Ford España e no Cataluña-Costa Brava co equipo oficial Ford Motorsport Q8 Team, sendo esta o seu debut no Mundial de Rallyes.

1992 tivo un inicio prometedor. Coa participación en terra co novo Escort RS Cosworth, gañou as dúas primeiras carreiras, pero estando en fase de preparación do novo coche, Ford Motorsport, preferiu centrarse en usar especificacións de Grupo A, sendo esta unha clara desvantaxe, fronte os seus rivais que usaban especificacións Proto, finalizando o ano subcampión detrás de Gustavo Trelles. O final de ano, Ford decide centrarse en circuítos, ofrecéndolle un volante, cousa que el declina, polo que termina a súa relación con Ford.

Opel editar

1993 foi o ano do regreso o Nacional de Asfalto. Tras dous rallyes celebrados, ficha por Opel para pilotar o novo Opel Astra GSI 16V F2. Rapidamente se adapta o coche e encadea 3 vitorias seguidas, o que fai que se xogue o título co seu compañeiro Climent na última proba, Rallye da Coruña, vencendo o rallye e conseguindo o título de Campión de España de Rallyes de Asfalto. Ese título valeulle para, neses intres, ser o 2º piloto tras Antonio Zanini, en conseguir o título nos dous Campionatos de Rallye en España.

En 1994 segue con Opel, pero ese ano dada a superioridade do seu rival Oriol Gomez a bordo dun Renault Clio Willians, e o baixo rendemento das súas rodas Dunlop, solo puido gañar unha carreira, e finalizou en 3ª posición. O final de ano Opel, decide abandonar os rallyes, e pasarse a circuítos, ofrecéndolle ser piloto de circuítos para 1995, e volve a declinar outra vez a oferta, xa que el se sente piloto de rallyes, polo que o final de ano queda sen asento, e empeza a pensar na retirada.

Os anos seguintes participou nalgunha proba de terra cun Citroen ZX de Zanini Racing, e tamén no Rallye de Cataluña 1996, a bordo dun Seat Ibiza Kit Car de Seat Sport, para axudar a Seat a conseguir o título do Mundial de 2 Litros F2

Nos seguintes anos continua a súa relación con Seat, participando en Rallyes de Regularidade, dentro do equipo SEAT Coches Historicos.

Palmarés editar

Títulos editar

Ano Campionato Automóbil
1989 Campionato de España de Asfalto Grupo N Ford Sierra Cosworth
1991 Campeonato de España de Rally de Tierra Ford Sierra Cosworth 4X4
1993 Campeonato de España de Rally de Asfalto Opel Astra GSI 16v

Resultados Campionato de España de Rally editar

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1986 Citroën Competición Citroën Visa GTi CBR
5
COB PAL
13
SMO LLA CAN ECO PDA SFR CAT VAL
1987 Citroën Competición Citroën Visa GTi CBR
3
ARO
8
SMO CAJ LLA ECO CAN PDA SFR CAT
Ret
VAL
6
1988 Citroën Competición Citroën Visa GTi CAT
4
SMO
Ret
ARO
6
664
Citroën AX Sport CAJ LLA
8
CAN PDA
Ret
SFR
4
COI
Ret
VAL
13
1989 Ford Race Marlboro Ford Sierra RS Cosworth CAT
5
SMO
3
SAN
6
CAJ
Ret
LLA
Ret
OUR
3
OSO
2
PDA
4
ISC ECO VAL
5
1116
1990 Ford Race Marlboro Ford Sierra RS Cosworth CAT
1
SMO
2
CAN
3
CAJ
Ret
VLL
Ret
OUR
2
OSO
3
PRA
Ret
CAN
3
ECI
Ret
VAL
1
1076
1991 Q8 Team Ford Ford Sierra Cosworth 4x4 CAN ECO CAN CAJ LLA OUR OSO
1
PDA VAL CAT
1
1992 Ford Motorsport Ford Sierra Cosworth 4x4 ECO ISC CAN MED LLA OSO SFR CER PDA OUR CAT
Ret
MAD
1993 Opel Team España Opel Astra GSi 16V COI CAN LLA
1
OUR
1
FRO
1
SAG
4
RBX PDA
Ret
LIN CAT
2
COR
1
IDT 948
1994 Opel Team España Opel Astra GSi 16V COI
2
ADE
4
CAJ
3
SMO
2
LLA
3
OUR
1
SFR
6
SAG PDA
Ret
RBX CAT COR 877

Campionato de España de Rally de Terra editar

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 Posición Puntos
1990 Ford Race Malboro Ford Sierra Cosworth 4X4 ALI
1
LR
Ret
LLE
6
LUG
3
VIG
3
MUR
NP
MAD
7
118
Ford Escort RS Cosworth TAL
1
1991 Ford España Ertoil Ford Sierra Cosworth 4x4 CCL
1
ALI
1
LUG
2
GIJ
1
VIG
1
COR
2
LLE
NP
MAD
2
153
1992 Ford Motorsport Ford Escort RS Cosworth MIJ
1
LLE
1
LLE
2
CAN
4
COR
2
LUG
Ret
LUG
2
MAD
2
139

Participacións no Mundial de Rallyes editar

Ano Rallye Vehiculos Copiloto Resultado
1991  Rallye Cataluña Costa Brava Ford Sierra Cosworth 4X4 Antonio Rodriguez
1992  Rallye Portugal Ford Sierra Cosworth 4X4 Josep Autet
1992  Rallye Cataluña Costa Brava Ford Sierra Cosworth 4X4 Josep Autet Abandono
1993  Rallye Cataluña Costa Brava Opel Astra Gsi 16V Joaquim Muntada
1996  Rallye Cataluña Costa Brava Seat Ibiza Kit Car Joaquim Muntada 12ª

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar