Vic
Coordenadas: 41°55′49″N 02°15′17″L / 41.93028, -2.25472
Vic[2] é unha cidade e concello catalán situado no interior da provincia de Barcelona, que é capital da comarca de Osona. En 2012 tiña 41.191 habitantes.
Vic | |||
---|---|---|---|
Praza Maior, en Vic. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Osona | ||
Xeografía | |||
Altitude | 498 msnm | ||
Superficie | 30,92 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 41.191 hab. (2012) | ||
Densidade | 1.307,31 hab/km² | ||
Xentilicio | Vigatano, vigatana[1] Vigatà, vigatana (en catalán) | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08500 | ||
Alcalde | Anna Erra (JxCat) | ||
www.vic.cat |
XeografíaEditar
Atópase no medio dunha planicie que leva a seu mesmo nome Plana de Vic, equidistante de Barcelona e Francia.
É famosa pola súa persistente néboa no inverno provocada por un notable fenómeno de inversión térmica capaz de favorecer mínimas de até -10 °C e máximas próximas aos 0 °C nos episodios máis notables. No verán as tormentas son moi habituais até o punto de inverter o mínimo de precipitacións propio dos climas mediterráneos e favorecer a presenza de especies vexetais coma o carballo pubescente propias dos climas submediterráneos.
HistoriaEditar
Durante os séculos VIII e IX, Vic estivo nas marcas que dividían as forzas francas das islámicas. No ano 1027, o bispo de Vic estableceu a "Paz e Tregua de Deus" que axudou a diminuír as guerras privadas. Durante o século XVII, a cidade foi un dos primeiros focos de rebelión contra a política centralista do rei Filipe V, conflito que terminou converténdose na Guerra de Sucesión.
Na década de 1940 o municipio absorbeu a poboación de Sentfores ou La Guixa.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
12.105 | 15.005 | 16.975 | 25.906 | 30.057 | 31.533 | 38.964 |
EconomíaEditar
As explotacións gandeiras e as industrias transformadoras do sector primario conviven cun tecido industrial moi diversificado, e cun sector comercial e de servizos en crecemento. É así mesmo cidade universitaria, o que a converte nun núcleo estudantil moi activo que recibe estudantes de toda a comarca de Osona e doutras do interior de Cataluña, sen esquecer un bo número de habitantes da área de Barcelona que acoden á cidade en tren. O seu armazón peonil de rúas no centro histórico está poboado de bares, restaurantes, asociacións, talleres e oficinas que demostran a súa vitalidade económica.
Desde 1989 organiza anualmente o "Mercat de Música Viva de Vic", unha das feiras musicais máis importantes. É unha cidade de Feiras e Mercados, o máis tradicional dos cales é o Mercat do Ram.
Na cidade ten a súa sede a Universidade de Vic.
Localidades irmandadasEditar
- Somoto
- Torredonjimeno (2010)
Galería de imaxesEditar
Homenaxe á Pau i treva, e campanario da catedral de Vic.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vigatano.
- ↑ "Vic". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2165.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vic |